Táboas do Grupo Lemaco en Porriño

O Grupo Lemaco Xiria cadete, conseguíu un empate nos últimos instantes dun encontro que se lles puxo moi negro dende o principio. Os de Carballo comezaron o partido moi indolentes e espesos nas accións, perdendo até nove balóns nos os primeiros minutos.

O conxunto local aproveitaba as facilidades dos carballeses para pór un 6-1 ao seu favor o minuto 9 e no ataque posicional superaban unha e outra vez a estática defensa dos verdinegros. Deste xeito chegábase a ese 17-12 do descanso que puña as cousas moi costa arriba para os do Grupo Lemaco.

No segundo acto, nada parecía cambiar no marcador, pero os de Xiria saían ao parquet de Porriño con outra animosidad, amosando moitas máis gañas por ofrecer unha boa imaxe. Os algarismos íanse achegando aos poucos, aínda que as 21 perdidas de balón dos visitantes, penalizaban demasiado nalgúns momentos.

Non foi até o último instante cando os bergantiñáns conseguían igualar o marcador, defendendo o último ataque dos de casa a falta de trinta segundos para levar un punto dos dous en xogo.

BM.Porriño: Alex, Sergio (2), Oscar (5), Samu (2), Iñigo (8), Naún (2), Fermín (8)-Equipo Inicial-Martín (2), Basconcello, Angel, , Saul (1), Rubén.

Grupo Lemaco Xiria: Antonio Mato, Andy Rey (3), Carlos Vilanova (8), Fran Rey (5), Antón Traba, Andrés Vila (2), Daniel Esmorís-Equipo Inicial- Manuel Souto, Samuel Castiñeiras, Sergio Pombo (2), José Varela (1), Roi Alfeirán (2), Juanca Rodríguez (7).

Parciais cada 5´: 3-1/6-2/7-4/10-7/14-10/17-12/Descanso/18-14/21-17/23-20/26-23/28-27/30-30/Final.

Árbitros: Borja Bermúdez e Andrés Tejo. Excluiron con dous minutos a Martín, Sergio e Iñigo polos locais e a Fran Rey e Juanca Rodríguez polos visitantes.

Incidencias: Partido da primeira xornada de Copa en categoría cadete disputado no municipal de Porriño ante a presenza de trinta afecionados dos dous equipos.

Cadetes porriño1

Cadetes porriño2

Cadetes porriño5

Cadetes porriño4

Cadetes porriño3