O Garaysa Xiria comezaba esta nova tempada xogando na casa contra un complicado rival como é o Academia Octavio. Dende o asubío inicial o Xiria amosouse temeroso en ataque, sobre todo de cara ao lanzamento. Esta falta de puntería custáballes un parcial de 0-4 que requiría dun tempo morto. Trala arenga o balón comezaba a tomar ritmo e os goles subían na conta do Garaysa, pero o Octavio soubo aproveitar a renda e non deu opcións de remontada aos locais, que con varias perdas de balón na recta final do primeiro tempo deixaba o marcador en 7-14.
Tralo descanso o Xiria parecía un equipo novo, con moita máis alegría en ataque e traballando máis o aspecto defensivo, coa intención de poder roubar balón e recortar goles a base de contragolpes. Todo isto, unido a gran actuación de Julio na portería, que fixo paradas de gran factura, permitía ao Garaysa achegarse a 3 goles e tomar folgos nun encontro que tiña perdido, obrigando aos vigueses a solicitar un tempo morto.
Sen embargo a precipitación para culminar a remontada e o bo facer do Octavio fixeron imposible darlle a volta a un encontro que se puxera tan difícil.
Os vigueses apertaron na recta final e aumentaron a renda de goles, colocando o 18-27 final.
GARAYSA XIRIA: 18 (7+11). Julio (portero), Adrián (1), Franco (1), Alex (3), Urbieta (4), Iago (1), Pedro (5), Brian, Xurxo (1), Mario (1) e Iker (1)
ACADEMIA OCTAVIO: 27 (14 + 13). Figueirido (4), Castiñeira (2), Cela (7), Escariz, Molinos (7), Peña (3), Quinteiro (1), Touza (2), Vázquez, Padilla, Gallego (1)
Clasificación provisional a 28/09