O Grupo Lemaco Xiria, superado na segunda parte polo Academia Octavio.

Iniciaban os cadetes de E.BM.Xiria a competición 2014-15 e facíano no Vila de Noia carballés fronte o potente Academia Octavio de Vigo. O conxunto bergantiñán, collía o mando do partido nos inicios, nunha primeira parte igualada e cun alto ritmo de xogo, na que os xogadores locais de primero ano, maioria no plantel verdibranco, deron mostras do seu prometedor futuro. Nos últimos compases do primeiro tempo, o conxunto olívico tomaría a dianteira no marcador e marcharía aos vestiarios no tempo de descanso cunha diferencia de dous goles ao seu favor (16-18), feito que deixaba todo aberto cara á segunda parte.

Os seguintes trinta minutos, fixéronselles moi longos aos xogadores do Grupo Lemaco, xa que con tan só dous recambios no banco, comezaron a acusar o alto ritmo de xogo a pouco da reanudación. Deste modo, os visitantes apoderáronse por completo do envite e foron aumentando a vantaxe grazas ao seu dinamismo e o seu bo facer, tanto en tarefas defensivas coma no ataque posicional. As perdas de balón e os erros non forzados cando o osíxeno xa non chegaba e as pernas fraqueaban, ofreceron un prácido final aos de Vigo no día de hoxe.

A pesar da derrota, hai que destacar o bo primeiro tempo dos rapaces de E.BM.Xiria e poñer en perspectiva o traballo destes rapaces, un grupo que, a bo seguro, co paso dos meses e dos anos, están chamados a loitar polas cotas máis ambiciosas e importantes.

Encontro disputado no pavillón Vila de Noia de Carballo ante unha numerosa presenza de xogadores de outras categorías e os siareiros tanto de Carballo como de Vigo, para firmar, un número ao redor dos 50 espectadores.

Colexiados: Andrés Tejo e Micael Martínez. Non influiron no resultado final.

Grupo Lemaco Xiria (16+13): Antonio Mato, Francisco Rey (6), Antón Traba (5), Andrés Vila (3), Andy Rey (4), Juanca Rodríguez (8), Roi Alfeirán (2) – equipo inicial- Samuel Castiñeiras, José Varela, Carlos Vilanova, Ronaldo j. Durán, Sergio Pombo (1).

Academia Octavio (18+22): D.Fernández, Bruno (8), Gregorio (13), Lois (7), Gonzalo (5), De La Iglésia (3), André (2) – equipo inicial – Pedro, Alex, Nicolás (2), Davis, Mario, Areal, Gabriel.

 Captura de pantalla ok