O Garaysa Xiria gaña ao Lavadores a domicilio

Viaxaban a Vigo os carballeses para enfrontarse ao último clasificado da categoría; o Bm Lavadores. Facíao con numerosas baixas; xa que por diferentes motivos, non podía contar con Antonio, Aaron, Juan, Darío e Mario. Pero neste equipo todos os xogadores achegan, e queren sumar o seu para consolidarse nos postos altos da táboa. Os xogadores que faltan deberán recuperar o ton físico e competitivo para poder estar ao nivel dos demais e sumarse ao carro do equipo.

O Garaysa saía á pista como visitante e facíao de maneira brillante, os xogadores moi enchufados nas tarefas defensivas, pronto adquiriron unha vantaxe que aos poucos se agrandaba. Mostraba así a superioridade sobre o seu rival, que tiña no seu lateral esquerdo a súa principal baza ofensiva, pero que en defensa non sabía como frear os movementos tácticos dos carballeses. Así se chegaba ao descanso 7 a 18, con todo resolto.
A segunda parte seguiría a mesma tónica, os locais facían dano polo seu lado esquerdo, pero esta vez desde o extremo, encaixando até cinco goles por esa zona. Descoidos defensivos, de relaxación e concentración que deberá ir corrixindo de cara a próximos choques.
O partido acababa 15 a 34, e así os de Carballo levaban os dous puntos a casa.

A seguinte xornada, o Garaysa Xiria recibe na súa pista ao Lalín.
Incidencias: Partido disputado no pavillón municipal de Lavadores con aproximadamente 150 seareiros de ambos os conxuntos. Colexiado: Inocencio Pérez Rodán do colexio galego. 7 metros: Bm Lavadores 1/2  Garaysa Xiria  3/3

Marcador cada 5 minutos: 2-4, 3-8, 4-13, 6-14, 7-18, descanso, 8-22, 10-22, 12-27, 13-31, 15-34.

BM LAVADORES 15 ( 7 + 8 ): Antón Sabín, Arturo Dolares (1), Pablo Gómez, Daniel Rodrigo Pérez (2), Manuel Andrés Madrid (5), Hugo Rodríguez, Andrés González (3), Iago Fernández, Anxo Carreira (2), Pablo Fernández, Pablo Lora (1), Alberto Covelo (1), Oscar Gallego.

GARAYSA XIRIA 34 ( 18 + 16 ): Pedro Pena [p], Carlos Varela (9), Mario Cancela, Daniel Mallo (8), Fernando Mallo (6), Diego Antelo (4), Julián García (3), Javier Rodríguez, Antonio Calvelo, Pablo Esmoris (4), Miguel Goimil.