Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculino

O Garaysa Xiria proclámase campión da fase final Galega Infantil

Intenso e vibrante fin de semana de balonmán o vivido en Carballo; onde os infantís do Teucro, Culleredo, Cisne e Garaysa Xiria, demostraron un fantástico nivel de xogo, e abrigo…

Intenso e vibrante fin de semana de balonmán o vivido en Carballo; onde os infantís do Teucro, Culleredo, Cisne e Garaysa Xiria, demostraron un fantástico nivel de xogo, e abrigo gañas e ilusión en cada partido.
A igualdade foi a tónica predominante en de esta fase final. Os equipos entregáronse en cada acción e ninguén daba nunca un balón por pérdido. A entrega e o malgaste físico dos xogadores foi clave para que as afeccións vibrasen en cada un dos partidos de principio a fin.
Ao final, o Garaysa Xiria alzase campión grazas en parte ao esforzo defensivo do equipo. Analizados os partidos deste fin de semana; queda un mes para preparar o Campionato de España.

Resultados Infantil Masculino DH, fase final:
Xornada 1
Cisne Bm – S D Teucro 31 – 26
Garaysa Xiria – Bm Culleredo 25 ? 24

Xornada 2
Cisne Bm – Bm Culleredo 35 – 24
Garaysa Xiria – S D Teucro 26 ? 24

Xornada 3
Bm Culleredo – S D Teucro 32 – 31
Garaysa Xiria – Cisne Bm 19 ? 18

Clasificación Infantil Masculino DH, fase final:
Garaysa Xiria, 6 puntos
Cisne de Balonman 4 puntos
Bm Culleredo 2 puntos
SD Teucro 0 puntos

Os clasificados para disputar a fase zonal do Campionato de España durante os días 26, 27 e 28 de mayo son o Garaysa Xiria e o Cisne. Tamén en representación galega estará o AD Carballal que xa estaba clasificado antes da disputa desta fase.

Por parte do GARAYSA XIRIA xogarán: Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Aarón Rodríguez, Juan Pereira, Carlos Varela, Mario Cancela, Daniel Mallo, Fernando Mallo, Diego Antelo, Julián García, Javier Rodríguez, Antonio Calvelo, Pablo Esmoris, Álex Puñal.

Próximo partido

Máis sobre isto