O Garaysa Xiria sentencia o derbi na segunda parte
O Garaysa Xiria visitaba a pista do Oar Coruña. O partido empezaba sen un dominador claro, con constantes intercambios no marcador. Ningún equipo era capaz de impoñer o seu ritmo…

O Garaysa Xiria visitaba a pista do Oar Coruña. O partido empezaba sen un dominador claro, con constantes intercambios no marcador. Ningún equipo era capaz de impoñer o seu ritmo de xogo e a tensión e o exceso de motivación con que os xogadores afrontan este tipo de encontros fíxose notar nas moitas perdidas de balón por parte dos dous equipos. Nos últimos minutos da primeira parte o Garaysa Xiria roubou dous balóns consecutivos que lle permitiron chegar ao descanso cunha vantaxe de dous goles 10-12.
Na continuación, os xogadores do Garaysa Xiria saían moi concentrados á pista e xogaban os mellores minutos do encontro, cunha defensa ben axustada e asegurando os balóns de ataque conseguían distanciarse no marcador. O Oar Coruña non puido reaccionar a tempo, xa que os carballeses aproveitaron a capacidade de todo o seu persoal para manter a intensidade na segunda parte.
Na seguinte xornada o Garaysa Xiria enfróntase ao Academia Octavio ´A´, en Carballo.
Incidencias: Partido disputado no pavillón San Francisco Javier da Coruña ante 100 seareiros. Colexiado: Ángel Mateos Alonso do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusión a Eloy Figueira (24´, 37´), Marcos Sánchez (39´) e Borja Cadaveira (49´) por parte local, namentres polo Garaysa Xiria foron sancionados Iago Rincón (11´,30´), Adrián Mesejo (34´) e Franco Rial (49´). 7 metros: Oar Coruña 3/4 // Garaysa Xiria 1/2.
Marcador cada 5 minutos: 3-4, 4-5, 6-6, 8-9, 10-12, descanso, 11-15, 13-18, 14-22, 17-26, 17-31.
OAR CORUÑA 17 ( 10 + 7 ): Pedro González, Dacio Oviaño, Juan González (2), Borja Cadaveira, Victor Fernández, Eloy Figueira (2), Hugo Casal, Marcos Sánchez (2), Samuel Martínez (4), Miguel Conde, Álvaro Sarandeses (4), Lucas Lombao (3).
GARAYSA XIRIA 31 (12 + 19 ): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón (3), Daniel Mallo (1), Alejandro Gómez (8), Mario Cancela (6), Juan Pereira (2), Diego Antelo (1), Iago Rincón (4), Adrián Mesejo (1), Iker Martínez (3), Franco Rial (1), Xurxo Díaz (1).