Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Un desacertado Goldie Xiria cae derrotado ante o Balonmán Cangas

Balonmán Cangas 18 Goldie Xiria 9 (11-5) Mal día do Goldie Xiria que en ningún momento se atopou cómodo na pista diante dun rival que foi superior dende o inicio.…

Balonmán Cangas 18 Goldie Xiria 9 (11-5)

Mal día do Goldie Xiria que en ningún momento se atopou cómodo na pista diante dun rival que foi superior dende o inicio. Comezaba dominando o Cangas no marcador e ao Xiria éralle moi complicado conseguir anotar, non tiñan o día as lanzadoras de primeira liña o que aproveitou a porteira rival Lorena para realizar un tremendo encontro, ao Goldie custáballe enlazar o seu xogo de ataque ante unha defensa que se amosaba dura e contundente, e foi desperdiciando os minutos ata ese 11 a 5 no descanso.

Saíron con gañas as carballesas na segunda metade, pero nin de sete metros conseguían anotar, tres lanzamentos seguidos ao pao, facían que o Cangas conservase a súa vantaxe mentres pasaban os minutos, o gol resistíase, pese a recuperar balóns coa defensa adiantada e optar por contraataques claros, volvíanse a desperdiciar claras ocasións diante da súa porteira.

Unha oportunidade perdida para o Goldie Xiria, diante dun equipo ao que lle poido esixir moito máis.

Balonmán Cangas 18 (11**):** Lorena (porteira) Ainoa 2, Yoli 1, Lucía 6, Arantza 2, Raquel, Nerea, Andrea, Rebeca 1, Lidia, María 3, Noemi, Paula 3-

Goldie Xiria 35 (18): Brenda Noya (porteira) Tamara Pombo 1, Jessica Posse , Leticia Casal, Raquel Gómez 1, Adriana Gómez, Zeltia Landeira 1, Juana Garrochena 2, Sheila Ferreiro, Laura Carracedo 1, Ainoa Míguez, Alba Rodríguez, Marta Regueira 2 e Elena Segade 1.

Arbitraron: María José Alvarez e Angel Villar, excluiron a Nerea, Rebeca e Ainoa polo Cangas e a Leticia polo Goldie Xiria.