Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Garaysa Xiria suma e segue perseguindo o liderado

Partido moi igualado o vivido na mañá do domingo en Carballo. Enfrontábanse o 2º e 3º clasificado da división de honra infaltil e os dous equipos pelexaron até o final…

Partido moi igualado o vivido na mañá do domingo en Carballo. Enfrontábanse o 2º e 3º clasificado da división de honra infaltil e os dous equipos pelexaron até o final pola vitoria, que acabou sendo para os carballeses.
Os locais recibían a noticia da baixa de última hora de Franco Rial, por enfermidade.
Nos primeiros minutos de xogo, os ataques impuxéronse ás defensas, os nervios iniciais por facerse co control do partido e levar o ritmo de xogo, facían que os xogadores cometesen demasiados erros defensivos. O Garaysa Xiria mantívose sempre por diante no marcador, pero as diferenzas eran mínimas e as perdidas de balón pasaban a ser un factor moi importante para o resultado final. Ao descanso chegouse co marcador de 19 a 16.
Na segunda parte, o Cisne empuxaba forte e conseguía empatar o partido; pero os carballeses lonxe de porse nerviosos, mostraron o seu mellor xogo do partido nos seguintes minutos levando a máxima diferenza a 6 goles cando faltaban 10 minutos.
Un Cisne moi cansado non sería capaz de remontar, pero non deixaron de tentalo e ao final cunha defensa moi presionante deixaban o marcador final a favor do Garaysa Xira en 35 a 32.

Na seguinte xornada o Garaysa Xiria visita a pista do El Cinco Jotas Lavadores, en Vigo.
Incidencias: Partido disputado non Pavillón Carballo Calero cunha entrada de 150 seareiros. Colexiado: Óscar Fernández Rodríguez do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusións a Alejandro Gómez e Diego Antelo por parte local, namentres polo Cisne foron sancionados Roman Arboleya e Mateo Arias. / 7 metros: Garaysa Xiria 3/3 // Cisne 1/2.
Marcador cada 5 minutos: 6-4, 10-8, 12-11, 16-14, 19-16, descanso, 21-20, 24-21, 29-23, 32-26, 35-32, final.

GARAYSA XIRIA 35 ( 19 + 16 ): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón (2), Daniel Mallo (2), Alejandro Gómez (11), Mario Cancela (7), Juan Pereira (3), Diego Antelo (1), Iago Rincón (3), Adrián Mesejo (2), Iker Martínez (4), Xurxo Díaz.

CISNE DE BALONMAN 32 ( 16 + 16 ): Mateo Arias (12), Juan Chueca, Carlos Álvarez (9), Javier Sierra, José Bueno, Anxo Bouzas, Sergio Álvarez (7), Miguel Jimenez, Nuno González, Eduardo Costas, Román Arboleya, Carlos Costa, Miguel Silva, Fernando Avarez (4).

Garaysa-Cisne 2 Garaysa-Cisne 3 Garaysa-Cisne 4 Garaysa-Cisne 5 Garaysa-Cisne 6 Garaysa-Cisne