Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

Nova xornada e novos retos para Escolas Balonmán Xiria

Recibe Calvo Xiria, líder da competición, ao Luceros de Cangas que marcha na quinta praza da táboa o sábado ás 18:00 no Vila de Noia. Cas baixas de Jorge e…

Recibe Calvo Xiria, líder da competición, ao Luceros de Cangas que marcha na quinta praza da táboa o sábado ás 18:00 no Vila de Noia. Cas baixas de Jorge e Gonzalo, e sen a certeza de poder contar cos tocados Pablo, Cuco e Martín Alfeirán, recibe a un rival que está a facer, como é costume, un moi bo inicio de campaña. Con este panorama deberán os carballeses de novo apelar á súa solidez defensiva para tratar de levarse os puntos en xogo ante un rival que destaca polo súa fluidez ofensiva e polo seu perigoso contraataque. Dirixirán o encontro Andrés Rosendo e Sergio Rodríguez do colexio galego.
Namentres o Goldie Xiria desprázase a Vigo, sábado 19:15 horas no Municipal de Lavadores, para disputar a súa xornada de 1ª Autonómica feminina perante o Lavadores. Un choque que se presume moi igualado e para o que poder contar con algunha das xogadoras mancadas nas últimas xornadas semella fundamental. Mais non estarán soas as rapazas do Goldie, pois antes no mesmo pavillón xogarán os cadetes e infantís de Escolas Balonmán Xiria. Por unha parte oGaraysa Xiria ao que lle faltan dúas xornadas para acabar a primeira volta e os carballeses marchan segundos clasificados da división de honra infantil. Non poden permitirse ningún tropezo se queren manter nos postos altos; para iso, deberán afrontar o partido coa máxima intensidade e concentración. E por outra o Grupo Lemaco Xiria que deberá mellorar o seu rendemento defensivo se quere sacar algo positivo da súa visita á cidade olívica.
Este fin de semana o Laber Xiria afronta o seu segundo derbi da tempada. Os de Carballo viaxarán a Coruña o Sábado para enfrontarse as 12:15 ao Ártabro no pavillón Novo Mesoiro. O obxectivo dos bergantiñáns non é outro que volver a senda da vitoria. O conxunto carballés contará ca baixa de Borja Rodríguez, que sufriu unha lesión a pasada semana. Os demais xogadores estarán dispoñibles para medirse a un rival certamente complicado.
E xa nas categorías provincias quenda para o balonmán 7 alevín. O Lk Xiria viaxa a Coruña para xogar ante o Liceo e o Xiria Telepizza Carballo a Culleredo. Primeira das xornadas desta competición que sirve de ponte entre o minibalonmán e a competición da categoría infantil.

Máis sobre isto