Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculino

O Garaysa Xiria supera ao Eumesa nun partido moi completo

O Garaysa Xiria A logrou unha importante vitoria este sábado no pavillón Vila de Noia ante o Eumesa por 31-28, nun encontro esixente ante un rival que se impuxera no…

GARAYSA XIRIA31
S.D, EUMESA28

sábado 21 de marzoPavillón Vila de NoiaInfantil masculino Prata · 2ª fase grupo 1

O Garaysa Xiria A logrou unha importante vitoria este sábado no pavillón Vila de Noia ante o Eumesa por 31-28, nun encontro esixente ante un rival que se impuxera no partido de ida en Pontedeume.

O choque comezou con moita intensidade por parte de ambos equipos, mantendo un marcador moi igualado durante toda a primeira metade. Ningún dos dous conxuntos conseguía abrir diferenzas claras, ata que nos minutos finais antes do descanso os locales deron un arreón decisivo, marchando aos vestiarios cun 17-13 favorable.

Na segunda parte, os de Carballo souberon xestionar a vantaxe con intelixencia, mantendo un xogo serio tanto en defensa como en ataque. A pesar dos intentos do Eumesa por achegarse no marcador, o Garaysa mantivo a calma e o control do partido, certificando unha vitoria traballada por 31-28.

Un triunfo de mérito nun partido moi competido que reforza ao equipo neste tramo final da tempada. A vindeira semana o Garaysa viaxará ata Vigo para enfrontarse ao Reconquista na última xornada desta Liga Prata, xa sen opcións de acadar a primeira praza.

O partido

Hoxe na táboa
2º

Ver a acta enteira

O seguinte

Infantil masculino12:15Fase clasificacion liga Prata · Fase de clasificacion · Grupo B · Xornada 7
CLUB BALONMAN RIBEIRA
TUBASYS XIRIA

Máis sobre isto