O Garaysa Xiria vai recuperando sensacións a pesar da derrota

Partido difícil, o que afrontaban os carballeses contra o Luceros, en Cangas. Primeiro polo rival e segundo porque non veñen dun refacho precisamente bo de resultados.

Pero a pesar da derrota cultivada; os xogadores van recuperando o seu nivel de xogo para afrontar o que resta de tempada. Cabe destacar tamén o debut dos alevíns, Xurxo Fraga e Marcos Amarelle, ben arroupados polo resto de compañeiros.

Os dous equipos defenderon 3:3 todo o partido; ao principio do encontro as diferenzas eran mínimas e non foi ata mediada a primeira parte que os locais collerían certa vantaxe no marcador; grazas en parte ao seu contraataque. Chegouse ao descanso co resultado de 26 a 14. Unha diferenza que deixaba o partido practicamente sentenciado.

Na segunda metade; o Garaysa Xiria, tratou de mellorar na parcela defensiva; que aínda que estaba a chegar a controlar aos xogadores do Luceros; a escaseza de faltas e o pouco contacto dentro dos 9 metros permitía demasiada continuidade aos locais. Conseguiu a melloría que esperaba o Garaysa que grazas á achega defensiva, mantivo as distancias no marcador nos segundos 25 minutos.

Hai que corrixir e mellorar os pequenos descoidos e a relaxación en certos momentos do encontro dalgúns xogadores.

A semana que vén, o Garaysa Xiria enfróntase ao Bm Culleredo, de novo a domicilio, na terceira xornada da Copa Federación.

GRUPO SALCO LUCEROS 41 ( 26 + 17 ): José Meira, Pablo Rodríguez, Manuel Barreiro, Hugo Da Silva, Iago Iglesias, Alberto Colinas, Gael Blanco, Miguel Hermeio, Álvaro Rosales, Arturo Rodríguez, Manuel Pérez, Hammouba AAkla, Gabriel Chorén.

GARAYSA XIRIA 31 ( 14 + 17 ):  Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Samuel Veiga, Julián García, Martín Fuentes, Alberto Rodríguez, Juan Martín Fajardo, Miguel Goimil, Xurxo Fraga, Marcos Amarelle.