Goldie Xiria 19 – S.D. Teucro 24 (11-14). O pouco acerto cara a portería contraria, con tan so 19 goles, nun partido decisivo foi determinante para que o Goldie non puidese facer fronte ante un rival moito máis entoado e que dominou o encontro dende o inicio.
Dende o inicio o Xiria intentou imprimir ritmo ao ataque, subindo rápidas transicións e dándolle velocidade ao balón, pero as xogadoras non eran capaces de materializar as ocasións, unhas por desacerto e outras por paradas da porteira. O rival, si que convertía os seus ataques, polo que as locais arriscaron cunha defensa mixta sobre dúas das súas rivais. Recuperáronse moitos balóns, pero a ineficacia cara a portería contraria lastraba no marcador ao equipo, que caía no descanso por 11 a 14.
A segunda metade seguiu de xeito semellante, o Goldie era quen de aguantar o ataque do Teucro, pero víase incapaz de resolver ante o gol. Chegouse nesta segunda metade a meterse na loita polo triunfo, pero os minutos pasaban e as forzas foron cedendo no tramo final ata ese 19 a 24 para as pontevedresas, que deste xeito métense no Grupo polo ascenso e relegan ao Xiria ao outro grupo.
Goldie Xiria 19 (11): Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Tamara Pombo, Jessica Posse 8, Sara Pombo 1, María Gómez 1, Juana Garrochena 2, Cristina Gende, Adriana Gómez 2, Patricia García, Marta Regueira 1, Zeltia Landeira 3, Natalia solís 1, Angela Pena e Sheila Ferreiro.
S.D. Teucro 24 (14): Tania (porteira), Ana 2, Paula 2, Angela 4, Marta 1, Danilza 8, Alexandra 3, Alba, Corredoira 1, Anais, Elena 3 e Patricia
Marcador cada 5 min: /1-2/ /3-4/ /4-7/ /6-10/ /8-11/ /11-14/ /12-15/ /12-17/ /15-18/ /17-19/ /19-22/ /19-24/
Arbitraron: Andrés Tejo e Inocencio Pérez, excluiron a Marta Regueira, Jessica Posse e Natalia Solís polo Xiria e a Ana, Marta e Danilza polo Teucro.
A afección arroupou ao equipo a pesar da hora e do frío, 250 espectadores no Pavillón Vila de Noia.


