O Grupo Lemaco consegue unha ampla vitoria en Bueu

O Grupo Lemaco consegue unha ampla vitoria en Bueu

O Grupo Lemaco Xiria cadete, desprazábase o pasado domingo á localidade Pontevedresa de Bueu con numerosas baixas, xa que gran parte do plantel, iniciaba viaxe á neve co instituto no que será a semana branca. Tal foi a falta de efectivos, que os de Carballo tiveron que viaxar con tan só dez xogadores, dos cales, catro eran porteiros. Debido a esta circunstancia e de xeito especial, Antonio Mato e Manuel Souto, participaron neste encontro como xogadores de Campo, demostrando tamén as súas habilidades nesta faceta.

O partido, tal e como evidencia o resultado final, non tivo historia e os verdinegros, moi superiores desde o inicio, mantivéronse sempre por diante no electrónico. A partir dun axustado 2-4 nos primeiros cinco minutos, os bergantiñáns non deixaron de aumentar a diferenza no marcador e xa chegaban ao descanso cunha clara vantaxe de dezaseis goles (8-24). O segundo acto, tan só tivo a incerteza de saber cal sería a diferenza no electrónico ao final do encontro, xa que a amosada no 40×20 do Municipal de Bueu, quedou patente nos primeiros instantes do choque. Un contundente 15-49 ao final do envite, posibilita que o Grupo Lemaco Xiria poida aspirar de novo á cuarta plaza, no caso de que o Teucro salga derrotado contra a Academia Octavio, lider do campionato ata este momento.

Bueu ATL.BM: 15 (8+7). Angel, Javi (9), Hugo (1), Pablo (3), Iker (2), Simón, Villanueva-equipo inicial-Manuel, Álvaro, Gabriel, Eloy, Adrián, José Luis, Rubén.

Grupo Lemaco Xiria: 49 (24+25). Samuel Castiñeiras, Fran Rey(3), Antón Traba (8), Andy Rey (3), Juan Carlos Rodríguez (26),Manuel Sánchez (1), Daniel Esmorís (4)-equipo inicial-Mario Lema, Manuel Souto (1), Antonio Mato (3).

Resultado cada 5´:  2-4/ 3-9/ 6-14/ 7-21/ 7-24/ 8-24/ Descanso 8-27/ 9-31/ 10-34/ 10-39/ 12-42/ 15-49/ Final.

Árbitro: Angel Villar Corrales. Encontro sinxelo e fácil de dirixir por parte do colexiado. Estivo ben. Excluíu con dous minutos a Antonio Mato por parte dos visitantes.

Incidencias: Encontro correspondente a xornana número 14 da liga de División De Honra en categoría cadete, disputado no Municipal de Bueu e con poucos siareiros nas bancadas.

* En canto estea actualizada a clasificación con todos os resultados na páxina da Federación Galega de balonmán, colgaremos a clasificación nesta crónica.