O Goldie Xiria cae ante un Porriño superior

Balonmán Porriño 35  Goldie Xiria 22 (18-9)

Balonmán Porriño 35  : Sabela, Andrea e Sheila (porteiras), Claudia 1, Godoy 2, Lara 1, Marta 5, Candela 3, Ana 1, Lucía 3, Nuria 10, María 1 e Sandra 8

 

Goldie Xiria 22: Brenda Noya (porteiras) Juana Garrochena 7 , Tamara Pombo 1, Jessica Posse 2, Sara Pombo 1, Cristina Gende 1, María Gómez 1, Raquel Gómez 3, Adriana Gómez 2, Patricia García e Zeltia Landeira 4

 

Marcador cada 5 min .:   /2-1/  /9-3/  /11-5/  /13-7/ /17-8/ /18-9/   /19-12/ /25-14/   /28-14/   /30-17/  /31-19/   /35-22/

Arbitraron: Ana Correa e Silvia Vázquez, excluíron a Sara Pombo, Patrica García e Cristina Gende polo Xiria.

150 espectadores no Pavillón Municipal de Porriño. O encontro pertencía a primeira xornada e fora aprazado no seu día. Presentouse o Goldie coas importantes ausencias de Aida Cangas, Marta Regueira e Natalia Pose

O Porriño impuxo a superioridade na pista a base de maior velocidade nas súas accións e sobre todo maior control das distintas situacións de partido. Pola súa banda o Goldie xogou a rachas e por momentos dou a cara, aínda que por veces se foi totalmente do encontro facilitando a vitoria local.

Saíron enchufadas as porriñesas, e aos 8 minutos obrigaban ao Goldie a pedir tempo morto e restructurar o plantexamento. As perdas de balón ante unha defensa que saia a presionar propiciaban claros goles de contraataque que situaban o marcador con 9 goles para as locais no descanso.

Moito máis metidas as carballesas do Xiria no inicio da segunda metade onde reduxeron a ventaxa a un esperanzador 19 a 14, facendo os mellores minutos do encontro, pero nun baixón no xogo e a concentración volveron os erros e o Porriño sentenciou o encontro, coa diferenza de 35 a 22 final

Destacar a sobresaínte actuación de Brenda na portería do Goldie, onde tivo que afrontar os 60 minutos pola baixa de Aida.

brenda

A vindeira semana o Goldie Xiria, recibirá ao Balonmán Camariñas, será o primeiro “derbi” da tempada