O Goldie Xiria Carballo Turismo vese superado polo Coreti Lalín

Encontro ante o conxunto dezano Coreti Lalín pertencente á xornada número once e adiantado ao pasado sábado día 23.

Comezaron mal as mozas do Goldie, encaixando un parcial de 1-4 en dez minutos que obrigaba ao técnico local a solicitar o primeiro tempo morto para tentar recolocar ao seu equipo. O cambio defensivo a 5:1 daba resultado a medias e é que se alternaban momentos de éxito defensivo e recuperacións de balón con erros non forzados ou fallos na definición. Aínda así, o Goldie Xiria Carballo turismo entraba nos últimos cinco minutos da primeira parte con opcións no electrónico (6-8), pero un parcial de 0-2 antes do tempo de asueto, establecía unha vantaxe cómoda para as de Lalín á espera do segundo acto (6-10).

Á saída de vestiarios repetiríase a historia e un novo parcial de 1-4 nos dez primeiros minutos deixaría moi costa arriba as cousas para as carballesas (7-14). As mozas do Xiria non se renderían, loitarían ata o último segundo e tentarían achegarse no marcador e meter presión ao seu rival con diferentes sistemas defensivos, pero estas manteríanse serenas e levarían o control e a situación, adaptándose aos cambios das bergantiñás e non deixándose sorprender.

Parecía, no meridiano deste tempo, que a defensa presionante do Goldie podía ser a ferramenta para unha posible remontada. Tres balóns recuperados de forma consecutiva achegaba ás locais a catro goles con moito por xogar, pero o Coreti Lalín repoñeríase enseguida e aumentaría de novo as diferenzas para levar os dous puntos en xogo.

Goldie Xiria. 16 (6+10). Nadia Campos (p), Sara Pose (p), Carla Santiago (1), Elba Pérez, Aida Vizcaino, Mina Ribullén (4), Laura Barbeira (4), Minia Calvo (2), Jessica Posse, Natalia Solís (1), Eva Calvelo (1), Saay Couto, Alba Rodríguez, Elena Segade (3), Raquel Gómez.

Coreti Lalín: 24 (10+14). Zaida González (9), Ana González, Tania García, Sandra Blanco (5), Celia Pedreira (2), Julia Cortizo (1), Laura Suárez, Noelia Martínez, Laura Arguiñariz (3), Natalia Sonsoles Gzlez (1), Antía Abuín (1), María González (2), Xandra Quiroga.

Parciais cada 5´: 0-2 / 1-4 / 3-6 / 5-7 / 6-8 / 6-10/ Descanso / 7-12 / 7-14 / 9-16 / 12-19 / 13-21 /16-24/ Final.

Colexiados: Cesar Carballo e Cesar Díaz. Non influiron no resultado final.

Incidencias: Encontro correspondente a 11ª  xornada da primeira autonómica feminina e adiantado ó pasado sábado. Partido celebrado no pavillón do CEIP Fogar que presentou un excelente ambiente nas bancadas cos siareiros do Goldie Xiria Carballo Turismo totalmente entregados.