Goldie Xiria 35 – Pabellón Ourense 13 (18-7)
Non tivo problemas o Goldie Xiria para derrotar ao seu rival deste sábado, e quedar primeiro do seu Grupo, clasificándose para as semifinais da Copa Federación. Extra motivadas e con gañas de demostrar a súa superioridade, saíron as xogadoras carballesas dende o inicio, dominando o encontro a base de velocidade na saída ao contraataque e intensidade defensiva, un 18 a 7 no descanso era determinante.
Do mesmo xeito continuou a segunda metade, cun Xiria intenso en defensa e alcanzando a cifra de 35 goles no ataque. O malo do encontro foron as lesións de María Gómez e Zeltia Landeira, que practicamente din adeus a tempada e súmanse as de Cris Gende, Marta Regueira, Sara Pombo, Natalia Solís e Manón Añón, o que restará potencial ao equipo para os vindeiros encontros.
Goldie Xiria 35 (18): Brenda Noya (porteira) Tamara Pombo 5, Jessica Posse 1, María Gómez 1, Raquel Gómez 3, Adriana Gómez 1, Patricia García 1, Lucía Vilariño 9, Zeltia Landeira 3, Angela Pena, Juana Garrochena 10 e Sheila Ferreiro 1.
Pabellón Ourense 13 (7): Jennifer (porteira) Elisa, Ana, Sofía 4, Aida , Laura 2, Elena 1, Lucía, Aida, Elisa e Raquel 6.
Arbitraron: José Pérez e Vitor Frade, excluiron a Raquel polo Ourense
200 espectadores no Pavillón Vila de Noia.


