O Grupo Lemaco cede ante o Octavio no último partido da tempada

O Grupo Lemaco Xiria cadete, caeu no último partido da tempada fronte ao potente Academia Octavio de Vigo, actual campión galego da categoría.

Os olívicos, que xogan o próximo fin de semana a fase do campionato de España, saíron moito máis metidos en faena que os bergantiñáns, con motivo da preparación da cita nacional. Os xogadores do Xiria mostrábanse excesivamente brandos na retagarda e os erros no posicional ou na transicción defensa-ataque, facilitaban o labor dos visitantes. De calquera modo, os de Carballo, aínda que sempre por detrás no electrónico, se ían ao descanso cunha desvantaxe que non era excesiva (12-17). Na reanudación, en cambio, o Octavio aumentou o seu ritmo e con el a vantaxe no marcador de forma paulatina para asinar ese 25-38 final que demostra a súa superioridade no día de hoxe.

O Grupo Lemaco, cun criadeiro en boa medida formado por xogadores de primeiro ano, seguirá adestrando este mes cas miras postas xa na tempada que vén, un ano onde os de Carballo están chamados a ser un dos gallitos da categoría.

Grupo Lemaco Xiria – 25 (12+13): Samuel, Fran, Antón (6), Andrés (5), Ronaldo (1), Andy (4), Sergio Pombo (1)-Equipo Inicial-Manuel Souto, Juanca (4), Mario Lema, Carlos Vilanova, Roi (2), Manuel Sánchez, Daniel Esmorís (2).

Academia Octavio Pîzza Movil «A» – 38 (17+21): Daniel, Lois (3), David (4), Diego (4), Alejandro (2), André (3), Bruno V. (9)-Equipo Inicial-Pedro, Bruno C. (2), Rui, Mario (4), Gonzalo (3), Carlos (4).

Parciais cada 5´: 1-3/4-6/6-8/8-11/10-13/12-17/Descanso/14-22/15-26/17-28/18-33/22-35/25-38/Final.

Árbitros: Julio Villanueva e Sergio Vázquez. Excluiron con dous minutos a Andy (2) polos locais e a Lois, Gonzalo e Bruno C. (2) polos visitantes.

Incidencias: Último partido da tempada 2014-15 disputado no Vila de Noia ante a presenza de cen afeccionados.

Fotos do encontro:

DSC_0050

DSC_0053

DSC_0060

DSC_0070

DSC_0074 DSC_0080

DSC_0087

DSC_0091