O Goldie Xiria remata a liga cunha derrota diante do Teucro

O Goldie Xiria remata a liga cunha derrota diante do Teucro

S.D. Teucro Pescamar  26 – Goldie Xiria 17 (16-12)

Ao final, sétima posición para o Goldie Xiria na Primeira División Autonómica de Balonmán, a un punto do Lalín (6º) e a tres do Tui (5º).

Acudía a Pontevedra a disputar o Goldie Xiria o seu derradeiro encontro de Liga cun equipo de circunstancias, con moitas baixas o que repercutiu na segunda metade cun baixón no equipo.

Tras un inicio no que o Goldie controlaba o encontro e parecía facer fronte ao Teucro Pescamar, equipo clasificado para a disputa da Fase de Ascenso, as carballesas baixaron a intensidade defensiva e empezaron a encadear fallos en ataque. Cunha vantaxe de 4 goles a favor das locais chegouse ao descanso.

Na segunda metade o Goldie volveu a intentar meterse no encontro, con boa disposición na defensa 5:1, recuperando o balón e poñendo moitas dificultades ao ataque rival, pero a pouca eficacia no lanzamento impedía acurtar distancias e achegarse no marcador,  nos derradeiros minutos o Goldie baixou a intensidade cedendo un amplo marxe no marcador.

S.D. Teucro Pescamar  26 (16): Lorena e tania (porteiras) , Ana 4, Paula 4, Angela 1, Marta 1, Gema 3, Danilza 6, Alba 1, Anais 2,Elena 2, Sabela 1, Patricia e Piñeiro 1

Goldie Xiria 17 (12): Brenda Noya (porteiras) Juana Garrochena 2 , Adriana Gómez, Jessica Posse 5, Laura Carracedo 4, Sheila Ferreiro 1, Alba Rodríguez 1,  Leticia Casal 3, Natalia Solís 1, Zeltia Landeira   e Raquel Gómez.

Arbitraron: Pablo Barreiro e Aarón Sestay, excluiron a Leticia Casal e Natalia Solís Goldie Xiria e a Ana, Danilza e Alba polo Teucro.