Bo empate para o Garaysa Xiria no Gatañal

Segunda xornada da fase final galega. O Garaysa visitaba a pista do Luceros; un equipo coas ideas claras que sabe ben ao que xoga.
Os locais impuxeron un ritmo lento; con ataques eternos que en ningún momento sancionáronse con xogo pasivo. O Garaysa sairía ao contrataque cada vez que podía pero os nervios iniciais con catro fallos de lanzamento e 2 perdas de balón deixaban o seu marcador a cero, en 5 minutos. Perdían 2-0. Pero sen cambiar a súa idea de xogo conseguía saír desta dinámica e porse por diante no marcador. Ao descanso chegábase 9-12.

Xa na segunda parte, o dominio foi sempre visitante, pero os fallos de lanzamento lastraban a vantaxe, que nunca foi superior a tres goles. Chegábase aos últimos minutos con 21-22, con todo por decidir e despois dunha exclusión inxusta; o Garaysa afrontaba cun xogador menos o resto do encontro. Ao final conseguíase un empate, que sabe a pouco despois de ir por diante case todo o partido, pero que hai que valorar positivamente xa que as 3 seguintes xornadas os carballeses actuarán como locais e á beira da súa afección son un equipo difícil de bater.

Incidencias: Partido disputado no pavillón municipal do Gatañal ante 150 seareiros. Colexiado: Ángel Villar Corrales do colexio galego. Castigou con exclusión a Iago Fonseca y Pablo Giraldez, por parte local, namentres polo Garaysa Xiria foron sancionados Iker Martínez y Daniel Mallo / 7 metros: Luceros 2/3

Marcador cada 5 minutos: 2-0, 2-5, 6-7, 9-11, 9-12, descanso, 12-13, 15-17, 17-19, 20-22, 23-23.

LUCEROS 23 ( 9 + 14 ): Brais Cordeiro (2), Sergio Piñeiro (2), David Pousada, Adrián Gómez (2), Adrián Bernández (1), Hugo Alonso, Javier Fernández (1), David Pérez, Iago Fonseca (7), Diego Pousada (1), Abel Piñeiro, Gonzalo Piñeiro, Yoel Cutra, Pablo Giraldez (7), Damian Rodríguez, Álvaro Rodríguez.

GARAYSA XIRIA 23 ( 12 + 11 ): Diego Lema [p], Mario Rincón (1), Daniel Mallo (1), Alejandro Gómez (8), Mario Cancela (7), Juan Pereira, Diego Antelo, Iago Rincón (2), Adrián Mesejo (3), Iker Martínez (1), Xurxo Díaz, Fernando Mallo.

Luceros-Cangas Luceros-Cangas2 Luceros-Cangas3 Luceros-Cangas4Clasificación