O Grupo 10 prantou as primeiras prantas do xardín do Fórum

O Grupo 10 prantou as primeiras prantas do xardín do Fórum

As prantas do xardín de herbas aromáticas do Fórum carballés xa están crecendo.

IMG-20150730-WA0019

Hoxe pola mañá, os alumnos e alumnas do grupo 10 das Escolas de Verán Xiria, colocaron as primeiras prantas nos maceteiros feitos con neumáticos reciclados, que os seus compañeiros do grupo 9 colocaran o pasado Luns.

Pero non todo foi traballar, tamen tiveron tempo de visitar as instalacións onde se estudará o Curso de cociña e hostalería.

IMG-20150730-WA0010

 

O traballo feito e o esforzo posto no acondicionamiento da zona valeu a pena vendo o ben que está a quedar o xardín de aromáticas e bo servizo que vai dar aos estudantes do curso de cociña.