Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Grupo Lemaco acadou unha valiosa vitoria a domicilio fronte o Academia Octavio

Os cadetes do Grupo Lemaco xogaban este Domingo en Vigo un encontro moi importante para as súas aspiracións de rematar entre os 3 primeiros clasificados que xogarán polas prazas para…

Os cadetes do Grupo Lemaco xogaban este Domingo en Vigo un encontro moi importante para as súas aspiracións de rematar entre os 3 primeiros clasificados que xogarán polas prazas para o Campionato de España. O equipo era consciente de que as opcións de manterse nesa loita pasaban por acadar a vitoria fronte o Octavio e os xogadores saíron ao campo moi concentrados e motivados.

O bo traballo defensivo daba as primeiras vantaxes para os carballeses e obrigaba á bancada local a pedir un tempo morto no minuto 10 para dar instrucións aos seus xogadores. Sen embargo o Xiria manteríase por riba durante case toda a primeira metade cun gran traballo de todo o equipo. Pedro estivo moi atinado dende o extremo e Tasende puxo a clase no central amosando que está totalmente recuperado e que ten moito que aportar ao equipo.

Sen embargo nos últimos minutos o Grupo Lemaco estivo máis espeso en ataque, con precipitacións e lanzamentos errados. Varios erros consecutivos permitían que os locais lle deran a volta ao encontro con senllos contragolpes. O Xiria perdía de un pero Roi conseguía empatar dende o pivote nos últimos segundos para poñer o 14-14 no marcador.

Na segunda metade o Octavio conseguía manterse por diante no marcador aproveitando as exclusións que ata en catro ocasións recibiría o equipo carballés neste período. Sen embargo o Grupo Lemaco sempre daba a réplica devolvendo a igualada.

Nos minutos finais do encontro o Octavio estaba moi canso tras un partido de moito ritmo a penas sen trocos e o Xiria chegaba con máis folgos. Mario estivo moi atinado na portería nesta recta final e o equipo non faiaba na contra, así conseguía arroxar un parcial de 2-6 nos últimos 10 minutos que daba a vitoria ao Grupo Lemaco quedando a tan só un punto do asalto á 3ª praza.

Academia Octavio – 27 (14+13): Gabriel, Gonzalo, André (5), Bruno (7), Pedro (4), Daniel (6), Ángel (4), Carlos, Bruno, Gonzalo (1), Javier, Roi e Martín.

Grupo Lemaco Xiria – 29 (14+15): Jose, Pablo, Tasende (3), Fran (5), Antón (4), Vila (7), Ronaldo (3), Andy (2), Mario, Roi (1), Renzo, Pedro (4), Manuel, Pombo e Samuel.

Marcador cada 5 minutos: (2-3), (4-5), (5-7), (8-11), (11-13), (14-14) // (17-17), (19-17), (22-22), (25-23), (26-26) e (27-29)

Para a vindeira semana o Grupo Lemaco viaxa a Pontevedra para medirse ao Teucro, equipo que pese a ocupar a 9ª praza dera moita guerra no encontro de ida en Carballo.

Clasificación trala 17ª xornada:

Clasificación

Fotos do encontro: