O Grupo Lemaco cedeu pola mínima ante o Luceros no primeiro encontro da Liga

Bm. Luceros – 30 (14+16): Xián, Carlos (8), Javier (10), Alexander, Andrés, Aaron, Alexandru, Marcos (3), Mario (1), David (1), Iván (7), Ismael, Diego e Brais.

Grupo Lemaco – 29 (16+13): Andrés Vila (11), Andy (4), Sergio Pombo (2), Mario, Pedro, Roi (1), Samuel, Fran (5), Sergio Tasende, Andrés Urbieta, Jose, Miguel, Renzo, Antón (6) e Manuel.

Marcador cada 5´: (2-3), (7-5), (10-9), (12-11), (14-13), (14-16) // (18-18), (21-20), (22-23), (24-24), (28-27), (30-29)

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria non puideron facerse cos primeiros puntos do ano pese a xogar un bo encontro que se mantivo igualado de comezo a fin e que puido caer de calquera lado. Nesta ocasión o Cangas tivo máis efectividade nos últimos minutos e rematou levando os dous puntos.

Como vedes nos parciais as diferenzas no marcador apenas pasaban dos 2 goles a prol dun ou doutro equipo, sen un dominio claro durante os 60 minutos. O Grupo Lemaco tentaba impoñer unha alta velocidade ao xogo para acadar espazos e finalizar nos extremos que xunto ao lanzamento exterior dos primeiras liñas foron as principais armas fronte á pechada defensa dos de O Morrazo,

Foi un bonito encontro para os xogadores e a afección, pola igualdade no marcador e polo bo xogo de ambos equipos, que aínda que cometeron os erros propios destas alturas da tempada, deixaron claro que serán dous equipos a ter moi en conta este ano.

Na próxima xornada o Grupo Lemaco recibe ao Autocares Meijide Lalín o Domingo ás 11:15 no Pavillón Municipal Vila de Noia. O rival ven de gañar ao OAR Coruña 38-32.