Catro xogadores do Laber Xiria preseleccionados co combinado de Galicia
Os xogadores xuvenís do Laber Xiria Iván Calvo, Gabriel castiñeiras, Carlos Vilanova e Antonio Mato, foron convocados polo seleccionador galego da categoría para iniciar os adestramentos co combinado galego. A…

Os xogadores xuvenís do Laber Xiria Iván Calvo, Gabriel castiñeiras, Carlos Vilanova e Antonio Mato, foron convocados polo seleccionador galego da categoría para iniciar os adestramentos co combinado galego. A preparación da selección, que comezarán este Domingo no Vila De Noia de Carballo ás 16:30, efectuaranse en distintos puntos xeográficos da nosa autonomía e terán como fin conformar o grupo de 16 xogadores que representarán a Galicia no campionato de España de seleccións autonómicas a celebrar no mes de Xaneiro.
Gabriel Castiñeiras e Iván Calvo son dúas primeiras liñas de segundo ano que demostraron o seu bo facer durante a tempada pasada, tanto en liga como no campionato de España. A súa evolución ao longo de todos estes anos, propiciou a chamada do seleccionador neste momento, quizá o máis álxido na súa carreira deportiva. Pola súa banda, Carlos Vilanova e Antonio Mato, son dous xogadores de primeiro ano, asiduos nas convocatorias da selección galega e que xa disputaron o pasado ano o campionato de España de seleccións en categoría cadete. O primeiro, extremo zurdo do Laber Xiria, é un xogador cunhas enormes capacidades físicas e o segundo, porteiro do mesmo conxunto, xa atrae as miradas e o interese dalgún club histórico galego. Os catro, sen dúbida, son xogadores cunha interesante poyección aos que lles desexamos toda a sorte do mundo no seu camiño por facerse cun posto na selección galega xuvenil.
