O Grupo Lemaco faise coa vitoria nun partido complicado diante do Lalín
Balonmán Luceros 30 – Grupo Lemaco Xiria 31 (16-15) Este partido estaba marcado no calendario do Xiria coma un encontro decisivo para as súas aspiracións de estar nos postos altos…

Balonmán Luceros 30 – Grupo Lemaco Xiria 31 (16-15)
Este partido estaba marcado no calendario do Xiria coma un encontro decisivo para as súas aspiracións de estar nos postos altos da clasificación e pelexar por meterse na segunda fase da liga, foi un encontro complicado onde o Grupo Lemaco conseguía a vitoria logo de 60 minutos de igualdade.
A intensidade e disposición defensiva do Xiria non foi suficiente para deter o empuxe do Lalín, que a base de xogo rápido e mobilidade dos seus xogadores era quen de ir marcando e impedindo que o Grupo Lemaco gañara distancia no marcador, a labor arbitral unha vez máis, favorecía aos locais en cada liorta ou acción dubidosa, facilitando que o descanso se chegase co marcador de 16 a 15.
Sabedor da necesidade de apremar máis en defensa e de definir practicamente en cada acción no ataque, o Xiria afrontou a segunda metade con máis intensidade, pero veuse incapaz de frear os ataque lalinenses. Perigou o resultado cando o Balonmán Lalín se foi de 3 goles, coincidindo coas inferioridades dos carballeses, que foron quen de darlle a volta ao partido, poñéndose por diante novamente a falta de 10 minutos. A partir de ahí, cada balón era de ouro e o Xiria non lle perdeu a cara ao encontro gañando 30 a 31.
Balonmán Lalín 30 (16): Rodrigo Conde (porteiro) Manuel Gil 6, Javier Iglesias 8, Isaac Couso 9, Alberto Otero 3, Cristian Expóxito 2, Alberto Rodríguez, Miguel García 2, Antonio Canda, Antón Maceira e Xabier Crespo
Grupo Lemaco Xiria 31 (15): Julio Ferreiro (porteiro) Iker Martínez 3, Adrián Mesejo 1, Mario Cancela 2, Dani Mallo 2, Franco Rial 1, Mario Rincón 1, Diego Antelo, Carlos Varela, Brais Vila 3, Iago Rincón 4, Diego Rodríguez e Alex Gómez 14.
Marcador cada 5 min: 3-2/ 6-4 / 7-7/ 10-10/ 12-13/ 16-15/ 18-16/ 22-20/ 25-24/ 26-26/ 27-28/ 30-31/
Arbitrou: Pablo Torreiro, castigou excesivamente ao Grupo Lemaco

























