Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Grupo Lemaco perde de un gol contra o Octavio e di adeus á final da Copa

O Grupo Lemaco tiña unha última oportunidade de arrebatarlle ao Octavio a primeira praza, que da acceso a xogar a final da Copa, pero as incontables perdas de balón do…

O Grupo Lemaco tiña unha última oportunidade de arrebatarlle ao Octavio a primeira praza, que da acceso a xogar a final da Copa, pero as incontables perdas de balón do Xiria ao longo do encontro impedían a vitoria.

Os cadetes do Grupo Lemaco comezaron encaixando varios goles do Octavio, que con moitas permutas e desdobramentos provocaban erros nas marcaxes. En ataque os carballeses comezaron atopando situacións claras con solvencia, pero fallaba a puntería e o Octavio conseguía as primeiras vantaxes (6-4 Min.10). Co paso dos minutos os vigueses ampliaban a vantaxe, aproveitando os erros do Xiria, que sen embargo pronto conseguiría afianzarse en defensa e con varios contragolpes se colocaba de novo a dous goles (13-11 Min. 25).

Na segunda metade o Xiria esmerábase en defender, conscientes de que sería o único xeito de remontar o encontro, e abofé que o fixeron xa que conseguiron encaixar tan só 9 goles neste segundo tempo. Aínda que en ataque o equipo seguía moi atascado, a boa defensa e varios goles de accións individuais conseguían colocar ao Grupo Lemaco a un gol a falta de 10 minutos. Cando parecía que ía chegar a remontada, dous contagolpes e un lanzamento de 7m errados impedían tomar vantaxe, ante un Octavio que tamén sufría para anotar. O encontro chegaba ao último minuto coa máxima tensión, o Xiria conseguía defender con empate no marcador e tiña 40 segundos para anotar, pero varios erros arbitrais durante este último ataque do Xiria terminan por darlle o balón ao Octavio que corre ao contragolpe cun balón que pertencía aos carballeses, que desconcertados tardaron en repregar. O Octavio anotaba e conseguía a praza para xogar a final.

ACADEMIA OCTAVIO B – 24 (15+9): Bruno (6), Javier (3), Álvarez (3), Rui, Touza, David (1), Rubén (5), Vázquez (2), Martín, (2) Alonso, García, Eduardo e Figueirido (2).

GRUPO LEMACO XIRIA – 23 (11+12): Jose, Tasende (3), Fran (6), Miguel (1), Ronaldo (1), Andy (3), Mario, Roi (1), Renzo, Urbieta (1), Pedro (4), Manuel (1), Pombo (2) e Samuel.

Marcador cada 5 minutos:
(3-2), (6-4), (11-6), (12-10), (13-11), (15-11) // (17-13), (18-14), (19-18), (21-20), (23-21) e (24-23)

Galería de fotos do encontro: