Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Calvo Xiria Campión da 1ª Estatal

Vinte e sete vitorias nun total de trinta xornadas dan ao Calvo Xiria o seu primeiro título de Campión de 1ª Estatal Masculina. Conseguiuno logo dunha gran tempada na que…

Vinte e sete vitorias nun total de trinta xornadas dan ao Calvo Xiria o seu primeiro título de Campión de 1ª Estatal Masculina. Conseguiuno logo dunha gran tempada na que o traballo e acerto por parte dos xogadores apoiados nunha afección que os fixo máis fortes nos momentos precisos, e que como non podía ser doutro xeito estivo ao seu lado neste momento histórico para Escolas Balonmán Xiria. Moitas emocións se deixaron sentir nunha celebración da que Calvo Xiria quere facer partícipe a tod@s @s que apoian ao deporte e por suposto a toda a veciñanza carballesa, da que con tanto orgullo leva o nome Escolas Balonmán Xiria por toda España.

O partido durou quince minutos, que foi o que tardou o Calvo Xiria en impor a súa defensa e velocidade para evitar ter susto algún. A diferenza non deixou de crecer e cando os equipos foron para os vestiarios no descanso o electrónico sinalaba un +12 que non deixaba lugar a dúbidas. O segundo tempo foi un mero trámite na espera do asubío final para celebrar merecidamente o título ligueiro.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de Lavadores con preto de 250 seareiros nas bancadas dos cales 200 eran afeccionados carballeses. Colexiadas: Soraya Abelenda Martínez e Ana Correa Araújo do colexio galego. Castigaron con exclusión polo Las Cinco Jotas Lavadores a Bruno Estévez (10´, e descalificación directa no 14´), Adrián Blanco (12´), Adrián Suárez (36´), Pablo Barros (36´,52´), namentres polo Calvo Xiria foron sancionados Manuel Méndez (34´) e Gonzalo Pombo (42´). 7 metros: Las Cinco Jotas Lavadores 1//2 Calvo Xiria 6//8. Marcador cada 5 minutos: 2-3, 2-5, 2-9, 4-11, 4-15, 6-18, descanso, 10-22, 11-26, 14-30, 16-34, 17-36, 20-38.

LAS CINCO JOTAS LAVADORES 20 (6+14): Iago Bangueses [p], Raúl Pérez [p], Adrián Suárez (4), Pedro Suárez, Nicolás Forero (1), Adrián Blanco (3), Bruno Estévez, Pablo Barros (2), Pablo Villasenín (4), Guillermo Menéndez (2), Cristobal Covelo, Xoel Martínez (4).

CALVO XIRIA 38 (18+20): Martín Gómez [p], Santiago Gómez [p], Alejandro Naya [p], Alejandro Calvete (1), Brais Puñal (2), Manuel Méndez (1), Sergio Facal (5), Uxío Batán (1), Martín Alfeirán, Julián López (1), Ramón Suárez–Pumariega (2), Jorge Bouzas (6), Carlos Vilanova (4), Pablo Iglesias (3), Javier Rodríguez, Gonzalo Pombo (6), Mario García de Seárez (6), Gabriel Castiñeiras.