Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Grupo Lemaco segue na loita pola Copa trala vitoria fronte ao Tui

Os cadetes do Xiria deron un paso máis na loita pola Copa Federación vencendo ao Bm. Tui 33-20. O Grupo Lemaco saía moi ben en defensa, pero tardaría un pouco…

Os cadetes do Xiria deron un paso máis na loita pola Copa Federación vencendo ao Bm. Tui 33-20.

O Grupo Lemaco saía moi ben en defensa, pero tardaría un pouco en coller ritmo en ataque, caendo en accións individuais precipitadas que permitían ao Tui anotar ao contragolpe e poñerse por riba no marcador durante os primeiros minutos de xogo (4-5 Min.10). Sen embargo o Xiria non tardaba en darlle a volta ao encontro, mellorando en ataque e cunha defensa moi intensa e atenta nas axudas, que impedía aos rivais ver porta con claridade, A intensidade defensiva provocaba erros no ataque amarelo e favorecía a saída ao contragolpe, onde o Xiria fixo moito dano. A diferenza no marcador era cada vez maior e os locais chegaban ao descanso 17-8.

Na segunda metade o Grupo Lemaco seguiu amosándose ambicioso de cara ao gol e aproveitando cada oportunidade para anotar ao contragolpe. Nos minutos finais o Tui tiraba de orgullo e conseguía recortar varios goles de distancia e deixar o 33-20 final.

Na vindeira xornada o Grupo Lemaco Xiria viaxa a Vigo para enfrontarse ao Lavadores, nun encontro no que os carballeses deberán sumar unha nova vitoria sobrepoñéndose ás numerosas baixas coas que conta o equipo para esta xornada.

GRUPO LEMACO XIRIA – 33 (17+16): Pablo (3), Tasende (5), Fran (3), Miguel (1), Ronaldo (1), Andy (4), Roi (2), Renzo (1), Urbieta (5), Pedro (1), Manuel, Samuel e Mario.

BM. TUI – 20 (8+12): Xabier, Romero, Diego, Raúl (6), Carlos, Sergio (4), Manuel (1), Adrián, Pablo (2), Brais, Lucas (2), Samuel, Carlos (3), Alex, Juan (2) e Daniel.

Marcador cada 5′:
(1-2), (4-5), (8-7), (11-8), (14-8), (17-8) //
(21-9), (23-11), (26-13), (29-15), (31-19), (33-20).

Clasificación trala 3ª Xornada:
Clasificación