O Marmolería J. Rey, vese superado na segunda parte
Comezou moi ben o Marmolería J. Rey infantil o seu partido do pasado Domingo no Municipal de Viveiro, alcanzando diferenzas de até tres goles fronte a un rival competitivo e…

Comezou moi ben o Marmolería J. Rey infantil o seu partido do pasado Domingo no Municipal de Viveiro, alcanzando diferenzas de até tres goles fronte a un rival competitivo e de calidade. Até ben avanzada a primeira parte, os de Xiria manterían a dianteira no electrónico, pero os locais, facendo moito dano no posto de pivote, tomarían a dianteira na recta final deste tempo. A partir de aquí e até a conclusión do primeiros trinta minutos, a loita entre os dous conxuntos foi moi parella, impóndose os ataques á defensa e asinando unhas táboas no tempo de descanso (16-16), que deixaban todo por decidir no seguintes trinta minutos.
Foi no segundo acto onde o factor físico inclinou a balanza de forma clara a favor do BM.Viveiro, que seguía atopando o camiño cara ao gol na sociedade entre o seu lateral esquerdo e o pivote. O cansanzo pasaba factura a un conxunto carballés, que nos últimos dez minutos non podía seguir o ritmo do seu rival e estes marchábanse definitivamente no marcador até establecer ese resultado final de 33-24.
Galipizza Viveiro – 33 (16+17): Nicolás, José, Ramón (2), Iago (1), Oscar, Fernando (1), Marcos (5), Xosé (8), David (2), Bruno (14), Cobrelo, Dani.
Marmolería J. Rey Xiria – 24 (16+8): Manuel, Paulo (1), Dani, Aaron (4), Javier (1), Carlos (4), Pedro, Sueiro (5), Pablo, Toni (6) e Diego (3).
Colexiado: J.Manuel Labreu. Sen complicacións.