Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Cadete masculino

O Grupo Lemaco sitúase terceiro cunha vitoria apurada diante do Luceros

Grupo Lemaco Xiria 32 – Balonmán Luceros 31 (22-16) Visitaba Carballo o equipo cangués do Luceros inmerso na loita co Xiria por unha praza para a segunda fase. Dominou dende…

Grupo Lemaco Xiria 32 – Balonmán Luceros 31 (22-16)

Visitaba Carballo o equipo cangués do Luceros inmerso na loita co Xiria por unha praza para a segunda fase. Dominou dende o inicio o conxunto do Grupo Lemaco, pero pouco a pouco foi cedendo terreo ao seu rival incluso facendo perigar a vitoria.

Era o primeiro encontro logo do parón do Nadal e o Xiria saíu cunha boa disposición ao campo, intenso na defensa sabendo por onde apremar aos rivais, e ben organizado e elixindo as mellores opcións de lanzamento no ataque. Marcaba practicamente o Grupo Lemaco en cada acción combinada de ataque e a maiores era capaz de recuperar balóns para saír a contra, cobraba a máxima distancia no marcador cun 22 a 14, a minutos de finalizar a primeira metade.

Tras o descanso a relaxación apareceu no equipo local, baixón de intensidade defensiva deixando claras opcións de gol ao Luceros e atasco nos procedementos de ataque, que se converteron en accións individuais que non conseguían transformar en gol os xogadores do Xiria. O Luceros atacaba ao borde do pasivo, provocando o desgaste defensivo dos carballeses que viron seis rigorosas exclusións nesta segunda metade e numerosos sete metros en contra, o criterio arbitral cambiou totalmente facilitando a remontada dos de Cangas, e no Xiria apareceron os nervios e as prisas. Vitoria pola mínima do Xiria que lle serve para superar na clasificación ao Luceros.

Grupo Lemaco Xiria 32 (22): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 2, Adrián Mesejo, Mario Cancela 8, Dani Mallo, Franco Rial 3, Mario Rincón 2, Diego Antelo 1, Carlos Varela, Aaron Rodríguez, Brais Vila 2, Iago Rincón 4, Fernando Mallo 1, Diego Rodríguez e Alex Gómez 9.

Balonmán Luceros 31 (16): Ivan Malvido e José Cerqueiras (porteiro) , José Meira 1, Gael Blanco, Adrián Bernárdez 13, Iago Fonseca 6, Pablo Giraldez 5, Rubén Augusto 3, Sergio Piñeiro, David Pousada 2, Gonzalo Piñeiro 1 e Brais Cordeiro.

Marcador cada 5 min: 2-2/ 9-4 / 12-5/ 15-9/ 17-11/ 22-16/ 24-18/ 25-21/ 28-24/ 30-27/ 32-30/ 32-31

Arbitrou: Pablo Barreiro, sen complicacións

Próximo partido

Cadete masculino13:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 7
BM LINEA21 AUTO ESCOLA COPACO
MONTAXES CARBALLO XIRIA VERDE

Máis sobre isto