Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Grupo Lemaco vence a domicilio ao Lavadores nun bo encontro

Os cadetes do Xiria afrontaron esta 4ª xornada de liga contra o Lavadores cun partido moi serio no que non deron opcións algunhas ao rival. O Grupo Lemaco comezaba o…

Os cadetes do Xiria afrontaron esta 4ª xornada de liga contra o Lavadores cun partido moi serio no que non deron opcións algunhas ao rival.

O Grupo Lemaco comezaba o encontro moi ben en defensa e amosándose moi resolutivo en ataque. A vantaxe a prol dos carballeses medraba co paso dos minutos, a presión defensiva aos de Vigo permitía roubos de balón lonxe da área: Antón en varias ocasións roubaría no bote e Tasende e Fran anticipándose nos pases, o que a miúdo remataba en goles rápidos de contragolpe.

Na segunda metade o Grupo Lemaco Xiria non baixou o ritmo e seguiu ampliando a renda cun gran traballo de todo o equipo, comezando por endosar un parcial de 0-6 nos primeiros 10 minutos que deixaba o encontro definitivamente roto.

U.D. LAVADORES – 22 (12+10): Pedro, Sergio (3), Alex (2), Christian (7), Adrián (1), Pablo, Javier, Xoel, Edgar, Andre (2), Diego (6), Manel (1), Luis e Pablo.

GRUPO LEMACO XIRIA – 39 (21+18): Tasende (7), Fran (3), Samuel, Antón (12), Ronaldo (2), Andy (5), Roi (1), Renzo (2), Urbieta (7) e Manuel.

Marcador cada 5′(2-5), (5-8), (6-12), (8-14), (11-18), (12-21) // (12-24), (13-27), (14-30), (16-35), (20-38) e (22-39)

O Grupo Lemaco recibe na seguinte xornada ao Bm. Porriño, no que será o penúltimo encontro da fase de grupos para o Xiria. Se os cadetes manteñen o nivel amosado en Lavadores fronte ao Porriño, non terán problemas para acadar dous puntos máis e chegar á última xornada fronte o Academia Octavio con opcións de arrebatarlles a primeira praza do Grupo I da Copa Federación.

Clasificación trala 4ª xornada:
Clasificacion