O Grupo Lemaco Xiria B gaña nunha gran primeira metade
Daba comezo a segunda fase, na que se enfrontan os 6 mellores equipos da liga prata. O primeiro rival do Calvo Xiria foi o Acanor At Novás; e lograba unha…

Daba comezo a segunda fase, na que se enfrontan os 6 mellores equipos da liga prata. O primeiro rival do Calvo Xiria foi o Acanor At Novás; e lograba unha importante vitoria xa que cada partido desta fase é unha final; ao xogarse unicamente a unha volta. Era importante empezar ben; e así o entenderon os xogadores do Grupo Lemaco Xiria que apoiados pola súa gran defensa mantiveron a rela ao Novás durante toda a primeira parte xa que unicamente encaixaron 7 goles.
Tras o descanso; un inicio dubitativo ocasionaríalle unha dobre exclusión, e a diferenza reduciuse a 4 goles; de novo co 6 contra 6; o marcador volvía a diferenzas maiores. A defensa non permitía achegarse ao Novás e o Grupo Lemaco Xiria; non viu perigar a vitoria. Gran resultado o cultivado na mañá do sábado.
Grupo Lemaco Xiria B 27 – Acanor At Novás 21
Grupo Lemaco Xiria B (14+13): Antón Pardiñas (p), Yago Sande (p), Henrique Traba (7), Álvaro García, Daniel Periscal (8), Diego Mourelle (1), Jorge Rodríguez (2), Marcos Suárez (6), Brais Suárez (2), Simón Viña (1), Máxi Días, Aday Gómez.
Acanor At Novás (7+14): Iván Rivas, Hugo Brandón (1), Mateo Pousa (1), Iago Vicente (1), Marco Martínez, Mario Bento (9), Hugo González, Antón Piñeiro (4), Martín Domínguez, Lucas Sobrino (2), Mario Castro, Álex Cobos, Alonso Martínez, Daniel Alonso, Fernando Otero.
Árbitro: Pablo Barreiro do colexio galego.
Incidencias: Partido correspondente a 1ª xornada do Grupo polo título na liga cadete prata, disputado no pavillón Ies Monteneme (Carballo).


