O Grupo Lemaco Xiria empeza gañando en Cangas

Estreaba a tempada o conxunto cadete do Grupo Lemaco Xiria, visitando Cangas, unha viaxe sempre complicada e no que se puideron levar a vitoria grazas ao traballo inicial da segunda parte.

O mozo conxunto verdinegro entoábase rápido e adquiría unha vantaxe de 3 goles. A partir de aí, igualadad entre dous equipos que defensivamente aínda teñen gran marxe de mellora, cun elevado marcador de 16 a 19 ao descanso a pesar de que o ritmo do partido non estaba a ser alto.

Na continuación, o Grupo Lemaco Xiria subía o ton defensivo, e a pesar dos desaxustes, estiveron mellor no 1×1 sentenciando o choque en 15 minutos brillantes. Os locais trataron de reaccionar cunha dobre mixta, da que souberon saír os de Carballo aproveitando o xogo entre liñas dos xogadores e levando o resultado final ao 31 a 40.

Balonmán Cangas 31 – Grupo Lemaco Xiria 40

Balonmán Cangas: Nicolás Millán, Breogán Vidal, Breixo Nuñez, Hugo Caballero (5), Manuel Magdaleno (6), Carlos Menduíña (5), Manuel Soliño, Pablo Fernández (7), Mauro Aevedo, Roque Díaz (3), Rodrigo Camaño (2), Isaias Mariño (3).

Grupo Lemaco Xiria: Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Alejandro Vázquez [p], Bruno Facal, Juan Martín Fajardo (8), Martín Fuentes (9), Nicolás García (2), Andrés García, Miguel Goimil (3), Pedro Porteiro (1), Esteban Puñal (7), Samuel Regueira, Alberto Rodríguez (2), Samuel Veiga, Ángel Viña (5), Julián García (3).

Árbitros: Andrés Hermida e Diego Vázquez do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á primeira xornada da división de honra cadete masculina disputado no pavillón O Gatañal (Cangas).