O Grupo Lemaco Xiria lévase o “derbi” provincial diante do Artabro

Grupo Lemaco Xiria 34 – Balonmán Artabro 26 (21-10)

Non dou opción ao seu rival coruñés o Grupo Lemaco, que saíu moi enchufado dende o primeiro momento do partido, intensos e con profundidade en defensa os xogadores carballeses eran quen de impoñerse a maior envergadura dos primeiras liñas do Artabro, recuperando balóns que solucionaban con rápidos contraataques.

A boa labor de Iker no avanzado, e o acompañamento do bloque defensivo, poñían en dificultades ao rival que non vía por onde superar a defensa e tiña dificultades para que circulase o balón. Mentres o Xiria xogaba cómodo en ataque con boas combinacións e atopando a portería contraria con fluidez, marcaba a súa maior diferenza, once goles ao descanso.

Con ampla diferenza no marcador o Grupo Lemaco saíu relaxado e viuse sorprendido no comezo da segunda metade polas investidas do Artabro, a precipitación e presas en ataque tamén axudaban a achegarse ao seu rival, pero de novo recompúxose o equipo levando o partido a onde quería, dando lugar a un tramo de partido cómodo para o Grupo Lemaco que suma dous puntos máis na clasificación.

Agora veñen dúas saídas seguidas a Vigo para enfrontarse a o Academia Octavio e ao Chapela

 

Grupo Lemaco Xiria 34 (21): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 4, Alex Gómez 11, Pedro Pereira 8, Iago Rincón 3, Renzo Díaz, Xurxo Díaz, Adrián Mesejo 3, Franco Rial 2, Brais Vila 1, Mario Rincón 2, Alex Sueiro, Manuel Varela e Diego Rodríguez

Balonmán Artabro 26 (10): Martín (porteiro) , Jaime 1, Jacobo 2, Borja 5, Nicolás, Samuel, Cristian 15, Fernández, Diego 2 e Mario

Marcador cada 5 min: 3-3 / 7-3 / 12-4 / 15-6/ 18-8 / 21-10/ 22-14 / 25-17 / 27-20/ 30-24/ 33-25/ 34-26

Arbitraron: Andrés Hermida e Rogelio Rojas, excluíron a Iker, Pedro e Brais polo Xiria e a Nicolás (3) e a Samuel polo Artabro
artabro-7 artabro-6 artabro-5 artabro-4 artabro-3