O Hierros Varela Urbieta Campión do seu grupo de Segunda División

Balonmán Atlántico 17 – Hierros Varela Urbieta Xiria 27 (5-12)

 A fantástica segunda volta, conseguindo 6 vitorias en 6 partidos, da o campionato e a clasificación para a Segunda Fase da Liga ao Hierros Varela Urbieta, onde se verá cos primeiros clasificados dos catro grupos e os dous mellores segundos.

Nesta derradeira xornada o Xiria visitaba ao Balonmán Atlántico de Oleiros, despois de uns minutos de axustes defensivos, o equipo cobrou intensidade e freou en seco os ataques do rival, que conseguira achegarse no marcador, 5 a 12 nesta primeira metade.

As boas combinacións en ataque e o acerto cara a gol, foron suficientes para dobregar a un rival que se foi achicando co transcorrer dos minutos. Vitoria e a esperar o desenlace do resto dos grupos para coñecer rivais.

Balonmán Atlántico 17 (5) Fernando Fernández (porteiro) Adrián Cabrera, Alejandro Arcas, David Suárez 2, Pedro Vila 3, Alvaro Abades 3, Sergio Puertas, Manuel Borrás, Jonatan Rego1, Shay Smyth 8 e Sergio Vázquez.

Hierros Varela Urbieta Xiria 27  (15): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiro) Franco Rial 5, Diego Rodríguez 2, Paulo Collazo, Aaron Rodríguez 3, Pablo Esmorís, Manuel Rama 5, Fernando Mallo 3, Xurxo Díaz , Alex Puñal 1, Javi Rodríguez 1 e Toni Calvelo 7.

Arbitrou: Pablo Torrado, sen complicacións