O Laber Xiria, con paso firme no segundo posto da clasificación

O Laber Xiria, segue con paso firme na busqueda dos postos que dan acceso ao campionato de España. A vitoria ante o lider invicto a semana pasada en Pontevedra, sen dúbida foi un golpe de moral para os de Carballo, que dependen de si mesmos para conseguir o obxectivo de clasificarse para o sector nacional.

Seis partidos, seis finais son as que separan aos xuvenís de Xiria dese soño, sen dúbida, seis encontros, ao cal máis complicado de superar, pero con toda a motivación e ilusión do mundo por conseguilo. O primeiro e duro rival, o Luceros de Cangas, que hoxe nos visitaba no Vila de Noia carballés.

Foi un encontro moi igualado e que non caeu ao lado dos de Xiria até os minutos finais da segunda parte. Na primeira parte, os verdinegros mostráronse excesivamente irregulares e con pouco ritmo de xogo. A defensa, que non estaba a funcionar e carecía de profundidade, sufría os lanzamentos en carreira dos visitantes. A igualdade predominaba no electrónico e os bergantiñáns apenas asomaban a cabeza por diante nun par de ocasións, aínda que a primeira parte terminaba en táboas e con todo por decidir cara á continuación.

Vinte minutos da segunda parte tardou o Laber Xiria en conseguir unha renda de dous goles e fraguouno nunha maior profundidade defensiva e un ritmo de xogo moito máis alto. A recuperación de balóns e a velocidade no xogo do contragolpe, foi definitivo para romper o partido e a un rival, que xa notaba a fatíga nos derradeiros instantes. A falta de cinco minutos, os carballeses tiñan unha renda ao seu favor de cinco goles e o dominio do xogo, parecía que os ansiados dous puntos non se podían escapar e desta maneira asinaban unha nova vitoria e un partido menos cara ao obxectivo final.

A semana que vén, o Laber Xiria terá un dificil compromiso no derbi que lles enfronta en Coruña ao OAR, un potente conxunto que persegue o mesmo obxectivo que os de Carballo.

Laber Xiria: 33 (15+18). Daniel Buño, Iván Campos (9), Enrique Pena (7), Lolo (2), José Pereira (2), Iván Calvo (5), Dani García (3)-Equipo Inicial-Antonio Mato, Andrés Barca, Tito, Diego Morandeira, Damián Rodríguez (3), Gabriel Castiñeiras (1), Alex Figueroa, Borja González, Borja Rodríguez (1).

BM.Luceros: David, Erik (4), Javi (6), Bruno (2), Adrián (9), Eloy (5), Alberto (3)-Equipo Inicial-Piñeiro, Mauro, Pablo, Diego, Oscar, Angel, Pousa.

Parciais cada 5´: 4-4/6-6/10-9/12-11/15-14/15-15/Descanso/17-16/21-19/23-22/26-24/30-25/33-29/Final.

Árbitros: Pablo González e Rafael Iglésias. Excluiron con dous minutos a Gabriel Castiñeiras e Enrique Pena polos locais e a Erik polos visitantes.

Incidencias: Partido correspondente á xornada nº 17 da División De Honra en categoria xuvenil celebrado no pavillón Vila De Noia ante a presenza dun centenar de seareiros de ambos os conxuntos.

Declaracións do porteiro Dani Buño antes do encontro:

Fotos do partido:

xiria luceros 2015 024

xiria luceros 2015 025

xiria luceros 2015 026

Foto grupo

Clasificación 17ª xornada:

juveniles 111