Repartición de puntos nun vibrante encontro.

Repartición de puntos nun vibrante encontro.

Mañá fría en Carballo e encontro vibrante no Vila de Noia o que disputaron os cadetes do Grupo Lemaco Xiria e Luceros de Cangas. Un partido igualado e con alternativas no marcador que terminou en táboas, aínda que calquera dos dous equipos puideron sumar unha vitoria máis na súa marcadora.

Dende o inicio, os dous conxuntos puxeron un alto ritmo no parquet carballés e a igualdade predominou ao longo de toda a primeira parte con diferenzas mínimas e parciais de cinco minutos onde o empate era a tónica xeral. Neste marco, o 16-16 que reflectía o electrónico no tempo de descanso, parecía o máis lóxico.

Os do Morrazo, saíron máis enchufados na segunda parte e un 0-3 de parcial ao seu favor, obrigaba ao técnico local a pedir un tempo morto e reordenar aos seus. A partires de eiquí, os verdinegros foron sempre a remolque no marcador, aínda que o seu espírito combativo e o empeño por reducir a diferenza, non se viu minguada en ningún momento. Neste senso, a defensa presionante dos do Xiria deu o seu froito nos últimos instantes e cando xa parecía que os dous puntos voaban cara a Cangas (33-35 minuto 27).  A profundidade da retagarda carballesa, provocaba dúbidas e erros á primeira liña dos visitantes, que tampouco se mostraban acertados no lanzamento. Foi nos últimos segundos cando, a base de crenza e determinación, os bergantiñáns achegáronse a tan só un gol e non desaproveitaron esa última oportunidade de empate que deixa aos do Grupo Lemaco quintos na táboa clasificatoria a dous puntos do seu rival de hoxe e co golaverage a favor dos de Carballo.

A semana que vén, os cadetes de Xiria desprazaranse a Coruña para disputar o que promete ser un dificil e vibrante derbi contra o OAR.

Grupo Lemaco Xiria: 36 (16+20).Manuel Souto, Carlos Vilanova (4), Fran Rey (2), Andrés Vila (14), Roi Alfeirán (2), Juan Carlos Rodríguez (12)-Equipo Inicial-Antonio Mato, Mario Lema, Samuel Castiñeiras, José Varela, Pablo Cambón, Ronaldo Durán (2), Andy Rey, Manuel Sánchez, Daniel Esmoris.

BM.Luceros: 36 (16+20). David, Mauro (11), Pousa (13), Carlos (3), Alberto (6), Marcos (2), Eric-Equipo Inicial-Diego, Aaron, Anxo (1), David, Iván.

Parciais cada 5´: 2-3/5-5/7-7/10-10/13-12/16-16/Descanso/18-21/22-24/24-27/28-29/33-35/36-36/Final.

Árbitros: Pablo González e Rafael Iglésias. Excluiron con dous minutos a Carlos Vilanova (2), Fran Rey, e Manuel Sánchez polos locais e a Mauro e Carlos polos visitantes.

Incidencias: Partido da 17ª xornada da División De Honra en categoría cadete disputado no pavillón Vila De Noia ante un centenar de seareiros de ambos os conxuntos.

Fotos do encontro:

xiria luceros 2015 001

xiria luceros 2015 002

xiria luceros 2015 003

Clasificación xornada 17:

Cadetes