Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Laber Xiria perde a súa vantaxe nun final caótico

Esta mañá celebrábase no Carballo Calero un partido de poder a poder entre dous dos aspirantes ao título na División De Honra xuvenil. O Laber Xiria, segundo clasificado, recibía ao…

Esta mañá celebrábase no Carballo Calero un partido de poder a poder entre dous dos aspirantes ao título na División De Honra xuvenil. O Laber Xiria, segundo clasificado, recibía ao Luceros de Cangas, que situado a tan só un punto daqueles, acudía coa intención de superalos na clasificación. Os bergantiñáns, desexaban superar a impotante baixa por lesión de Iván Calvo e ofreccerlle a vitoria o seu compañeiro.

Comezaba o envite como a fría mañá que nos daba a benvida en Carballo e ambos os conxuntos tardaban máis da conta en pór a intensidade adecuada nun enfrontamento como este. Había pouco que destacar en canto a xogo e o ritmo tampouco axudaba a que se apreciase un espectáculo vistoso cara á bancada, que presentaba unha boa afluencia. As diferenzas eran mínimas e a incerteza si que se mantivo de principio a fin. Angel no lateral esquerdo e Mauro no pivote, foron unha auténtica dor de moas para a retagarda verdinegra, que non era capaz de saír airosa do xogo 2×2. Con pouco bastáballe aos visitantes para mandar no descanso dous arriba (13-15).

Os axustes defensivos na continuación coa mixta a Angel parecían dar resultado e aos dez minutos do segundo tempo os de Carballo púñanse por diante. Pintaban ben as cousas, xa que, sen gran lucimento, o Laber Xiria dominaba o encontro e aumentaba a súa vantaxe paulatinamente. A cinco minutos do final o partido parecía visto para sentenza. O Laber Xiria gozaba dunha vantaxe de tres goles (28-25) e tiña a posesión do balón. Foi nestes últimos minutos cando o desconcerto, o caos e as precipitacións apoderáronse incompresiblemente dun equipo que tiña todas as de gañar. Os do Morrazo decidiron tentalo á desesperada con dúas mixtas e deulles resultado. O medo ao error e o estrés competitivo invadía
e atenazaba aos xogadores carballeses, isto levaba á continua perda de balóns e a accións con pouco sentido na retagarda que provocaban exclusións. Oito goles nestes últimos cinco minutos demostran o correcalles que se vivíu no Carballo Calero, un correcalles que prexudicou ao conxunto que tiña dominado o encontro e que tan só nunha situación de descontrol podíao perder.

Unha derrota dura sen dúbida, por como se producíu e porque desta forma o Laber Xiria vese relegado á terceira praza, pero unha lección da que se debe de aprender para mellorar diversos aspectos do xogo. O conxunto carballés, segue de cheo, a pesar de todo na pelexa polo que é o seu obxectivo, que non é outro que clasificarse para o campionato de España e haberá que reporse, xa que a semana que vén, viaxan a unha das pistas máis difíciles desta liga, a do BM.Lalín.

Laber Xiria: 30 (13+17). Antonio (p), Carlos Vilanova (8), Gabriel Castiñeiras (3), Juan Carlos Rodríguez (12), José Pereira (4), Borja Rodríguez (2), Tito -Equipo Inicial- Manuel Souto (p), Francisco Rey, Alex Figueroa, Roi Alfeirán (1), Ronaldo Durán, Kevin Santos, Daniel Esmorís.

Luceros: 31 (15+16). Mauro (7), Carlos (1), Erik (5), Figueroa, Abel, Pedro (1), Diego, Javi (5), Bruno (1), Angel (2), Eloy (4), Marcos (5).

Marcador cada 5´: 3-3/5-5/6-7/9-11/11-12/13-15-Descanso-16-16/19-18/22-20/25-22/28-25/30-31-Final.

Colexiados: Pablo González e Gabriel Folgoso. Excluiron con dous minutos a Francisco Rey, Carlos Vilanova (2), Juanka (2), Borja Rodríguez e Tito por parte dos locais e a Erik, Javi e Marcos por parte dos visitantes.

Incidencias: Partido correspondente a 12ª xornada da liga de División De Honra en categoría xuvenil, celebrado no pavillón Carballo Calero ante douscentos aficionados de ambos equipos.

Fotos:

xiria 2015 031

xiria 2015 037

xiria 2015 039

xiria 2015 040

xiria 2015 042

xiria 2015 043

xiria 2015 044

xiria 2015 045

xiria 2015 047

xiria 2015 048

xiria 2015 049