Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Partido vibrante entre LK Xiria alevín e BM.Culleredo

O conxunto alevín LK Xiria, enfrontábase na mañá de hoxe ao BM. Culleredo. O encontro, pertencente á liga provincial de balonmán 7, daba comezo ás 10:30 no pavillón Vila de…

O conxunto alevín LK Xiria, enfrontábase na mañá de hoxe ao BM. Culleredo. O encontro, pertencente á liga provincial de balonmán 7, daba comezo ás 10:30 no pavillón Vila de Noia e converteríase nunha confrontación igualadísima onde cada un dos equipos gañaron dous cuartos.

Os carballeses foron de menos a máis ao longo do envite, comezando como a mañá local, un tanto fría e terminando cun bo labor, tanto de conxunto como individual nos dous últimos cuartos. As marcas defensivas tardaron en axustarse e os visitantes, aproveitaban a súa velocidade para marcar as diferenzas no primeiro cuarto (5-8). No segundo cuarto, o LK foi un equipo máis adoitado en tarefas defensivas e sobre todo máis antento. A igualdade foi a tónica deste tempo, pero os de Culleredo volvían levar a vitoria pola mínima (5-6). Foi nos dous últimos cuartos onde os de Xiria despregaron o seu mellor balonmán para alxarse co triunfo neste dous cuartos.

Resultado:

1º Cuarto: LK Xiria 5 – BM.Culleredo: 8

2º Cuarto: LK Xiria: 5 – BM.Culleredo: 6

3º Cuarto: LK Xiria: 9 – BM.Culleredo: 6

4º Cuarto: LK Xiria: 8 – BM.Culleredo: 6

Polo LK Xiria formaron: Juanma (6), Samuel (2), Alex (1), Natalia (5), Nerea (2), Lucía (2), Miguel (1), Darío (3), Jairo (2).

Colexiado: Alberto Gómez. Sen complicacións.

Incidencias. Encontro da liga provincial Alevín Balonmán 7 disputado no Vila de Noia ante coarenta seareiros de ambos conxuntos.