O Laber Xiria retoma a competición cun gran partido
Laber Xiria e Porriño dábanse cita no Vila de Noia despois do parón do Nadal, nun encontro de poder a poder onde os de Carballo saían coa mentalidade de non…

Laber Xiria e Porriño dábanse cita no Vila de Noia despois do parón do Nadal, nun encontro de poder a poder onde os de Carballo saían coa mentalidade de non ceder máis puntos neste campionato. O equipo porriñés xa puxera en moitos aprietos aos verdinegros na primeira volta, un partido, aquel, que terminou en táboas despois de que os visitantes desperdiciasen unha renda de catro goles no tramo final.
Nesta ocasión, os carballeses sairon cun afán competitivo extraordinario e coa idea de non dar concesións ao seu rival, sabedores do talento dos mesmos. Neste sentido foi básica a retagarda e a colaboración cun Antonio a moi bo nivel en portaría. Grazas a iso, os visitantes vianse minimizados no seu xogo e os parciais de 5-1 no minuto 10, 8-2 no 15 e 10-3 no vinte, daban moita tranquilidade e facilitaban as rotacións dos bergantiñáns. A pesar de todo e como gran equipo que é, o BM.Porriño conseguía facer un 0-3 de parcial e achegarse a catro tantos nos derradeiros tres minutos, situación á que responderon os locais cun gol en xogo e outro de falta directa con tempo cumprido para establecer unha cómoda vantaxe ao descanso (12-6).
Si o inicio do partido foi bo por parte dos do Xiria, non o foi menos o comezo no segundo acto e cun 6-2 de parcial no primeiros dez minutos, o partido quedaba virtualmente visto para sentenza (18-8). Os últimos vinte minutos foron plácidos para o Laber Xiria, que chegou a gozar de trece goles de diferenza, acandando ao final un resultado de 27-17 que lles mantén na pelexa polo título.
A semana que vén, o equipo de Carballo viaxa até Redondela, unha pista das máis complicadas do campionato e onde espera o conxunto da SAR, oitavo clasificado con doce puntos.
Laber Xiria: 27 (12+15). Antonio Mato (p), Gabriel Castiñeiras (5), Juanka (10), José Pereira (2), Dani Esmorís (1), Andrés Vila (1), Carlos Vilanova (6)**-Equipo Inicial-**Fran Rey, Roi Alfeirán, Ronaldo Durán, Alex Figueroa, Iván Calvo (1), Manuel Souto (p), Tito (1), Borja Rodríguez, Kevin Santos.
BM.Porriño: 17 (6+11). Freire, Loureiro (2), Pereiro (8), Isidro (1), Dávila, Deben (2), Martínez (2), Fandiño, Moreiras (1), Silva (1), Corral, Alonso, Vidal, Pérez, Oscar.
Marcador cada 5´: 1-1/5-1/8-2/10-3/10-4/12-6**-Descanso-**15-8/18-8/22-9/24-12/25-15/27-17.
Colexiados: Villar Corrales e Díaz García. Excluiron con dous minutos a Roi Alfeirán polos locais e a Pereiro polos visitantes.
Incidencias: Encontro da terceira xornada na liga da División de Honra xuvenil disputado no municipal de Porriño ante un centenar de seareiros, moitos deles desprazados dende Carballo.
Fotos do partido:
Clasificación:













