Remata a primeira volta co Calvo Xiria líder
Rematou a primeira volta da liga para o Calvo Xiria cuns números moi bos, deixando marchar so dous puntos sobre trinta posibles, sendo neste intre o equipo menos goleado da…

Rematou a primeira volta da liga para o Calvo Xiria cuns números moi bos, deixando marchar so dous puntos sobre trinta posibles, sendo neste intre o equipo menos goleado da liga, e dando unha gran imaxe en cada partido. Moito que facer e que loitar aínda por diante, pero non se pode negar que levan os carballeses unha liga para enmarcar até o de agora.
Partido moi serio do Calvo Xiria que non permitiu que en ningún momento o seu rival puidese meterse no partido. Dende o asubío inicial buscou traballar con intensidade e tratando de minimizar os erros tanto en ataque coma en defensa. A velocidade na saída de contraataque e a alta porcentaxe na definición dos carballeses fixeron que o partido estivese completamente roto no minuto quince. Un parcial de 12-3 non deixaba lugar a dúbidas de quen se levaría os puntos en xogo. Mais en ningún momento baixou a intensidade o Xiria, co obxectivo claro de ir aumentando o seu ritmo de xogo de cara aos próximos encontros.
Incidencias: Partido disputado no Municipal Vila de Noia con 400 seareiros nas bancadas. Colexiados: Pablo Álvarez Vázquez e Abel Juncal López do colexio galego sen complicacións. Castigaron con exclusión a Ramón Suárez-Pumariega (19´), Jorge Bouzas (27´), Mario García de Seárez (50´), Brais Puñal (53´) por parte local, namentres polo Las Cinco Jotas Lavadores foron sancionados Pedro Suárez (33´, 56´), Pablo Barros (56´). 7 metros: Calvo Xiria 6//6 Las Cinco Jotas Lavadores 2//2. Marcador cada 5 minutos: 5-1, 9-2, 12-3, 16-3, 19-5, 21-6, descanso, 25-7, 26-8, 28-8, 34-9, 37-12, 40-14.
CALVO XIRIA 40 (21+19): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal (3), Manuel Méndez (1), Sergio Facal (5), Uxío Batán (3), Martín Alfeirán (5), Gonzalo Pombo (6), Mario García de Seárez (1), Ramón Suárez –Pumariega (2), Jorge Bouzas (5), Julián López (3), Carlos Vilanova (5), Javier Rodríguez (1).
LAS CINCO JOTAS LAVADORES 14 (6+8): David Rodríguez [p], Iago Bangueses [p], Fernando Fernández (1), Adrián Suárez (4), Pedro Suárez (1), Nicolás Forero (1), Daniel Miro (1), Adrián Blanco, Pablo López, Bruno Estévez, Pablo Barros (4), Pablo Villasenín (1), Cristobal Covelo (1).