Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Laber Xiria vence con autoridade e afástase do Teucro

O Laber Xiria protagonizaba a súa primeira final neste tramo definitivo da tempada. A visita a Pontevedra era unha cara e cruz onde os carballeses, en caso de saír derrotados,…

O Laber Xiria protagonizaba a súa primeira final neste tramo definitivo da tempada. A visita a Pontevedra era unha cara e cruz onde os carballeses, en caso de saír derrotados, podían caer até a cuarta praza da clasificación, perigando neste caso o obxectivo do playoff para o campionato de España.

Os inicios do envite non auguraban un desenlace satisfactorio. Os bergantiñáns, atenazados pola responsabilidade do que había en xogo, asomábanse erráticos ao choque e eran claramente superados por un rival moito máis activo e dinámico nestes primeiros compases. As intervencións en ataque respondían case sempre a accións individuais, abusando en exceso das traxectorias ao centro, xustamenre dous das situacións onde a retagarda dos pontevedreses atópase máis agusto. O xogo colectivo por tanto non existía, o balón non se movía con velocidade e os xogadores verdinegros, excesivamente estáticos, mostrábanse previsibles ante un rival moito máis enchufado. Aguantaba o Xiria as arremetidas do seu rival a base de golpes individuais e sobre todo, do bo facer defensivo, cun Iván Calvo no avanzado que provocaba varias recuperacións. Os carballeses pasaran o seu momento máis crítico, habíanse desperezado do sopor inicial e sacudido os nervios e agora, nos últimos dez minutos, estaban a ofrecer o seu mellor balonmán. Un espertar que chegaba no mellor momento para establecer un 3-6 de parcial que daba vantaxe ao Laber Xiria ao termino da primeira parte.

Despois do paso por vestiarios, o conxunto de Carballo retomaría o xogo onde o deixou, subindo máis e máis o nivel a medida que transcorrían os minutos. Un 2-4 de saída ampliaba a diferenza até un cómodo 14-18 e a sensación de superioridade era evidente a favor dos visitantes. A partir deste momento, o Laber Xiria seguiría aumentando unha diferenza que chegou a ser de nove goles (23-32), plasmando un balonmán de calidade no municipal de Pontevedra e controlando os tempos segundo lles interesase. A vitoria, de gran valor por ser o Teucro un rival directo, posibilita que os de Xiria mantéñanse na segunda praza da clasificación a falta de catro xornadas para o final da competición.

A semana que vén, o Laber Xiria recibirá a un equipo sempre competitivo, non exento de calidade, como é o Seis Do Nadal. Outra final máis para os carballeses que non poden faiar ante un rival que, a bo seguro, porá as cousas moi complicadas como xa fixera na primeira volta na súa casa.

SD. Teucro: 26 (12+14). Sergio (4), Marcos (12), David, S.Lorenzo (2), Óscar, Pedro (1), Dani, Andrés, Eduardo, Mario, Reinier (2), Alex (5), Evaristo, Anderson.

Laber Xiria: 34 (14+20). Antonio (p), Carlos Vilanova (2), Gabriel Castiñeiras (6), Juan Carlos Rodríguez (14), José Pereira (2), Borja Rodríguez (3), Iván Calvo (3) -Equipo Inicial- Manuel Souto (p), Francisco Rey, Alex Figueroa, Roi Alfeirán, Antón Traba, Kevin Santos, Tito, Daniel Esmorís (2), Andrés Vila (2)

Marcador cada 5´: 3-3/5-3/7-7/9-8/10-12/12-14**-Descanso-14-18/16-22/19-26/20-28/23-32/26-34-Final.**
Colexiados: Rodrigo Costas e Jesús Pedrido. Unha boa labor arbitral de dous veteranos colexiados con renombre a nivel nacional e internacional no seu momento. Unha satisfacción a bo seguro para os rapaces, poder ser «xuzgados» por estas lendas do arbitraxe. Excluíron con dous minutos a Eduardo e Sergio (2) por parte dos locais e a Gabriel Castiñeiras, José Pereira (2), Borja Rodríguez (2) e Iván Calvo por parte dos visitantes.
Incidencias: Encontro correspondente á 18ª xornada de liga da División De Honra en categoría xuvenil, celebrado no pavillón municipal de Pontevedra ante cento cincuenta afeccionados de ambos os equipos.