Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

Calvo e Goldie Xiria desprázanse nesta xornada

Viaxa a Pontevedra o Calvo Xiria para se enfrontar ao pechacancelas da táboa, o Poio Artai. Logo do durísimo partido da pasada xornada, moitos xogadores remataron tocados debido á dureza…

Viaxa a Pontevedra o Calvo Xiria para se enfrontar ao pechacancelas da táboa, o Poio Artai. Logo do durísimo partido da pasada xornada, moitos xogadores remataron tocados debido á dureza ca que se moveu de xeito impune o Bm. Lalín, esta xornada deberá de valer para que os máis castigados poidan ter un merecido descanso. Deberá o conxunto carballés manter a solidez defensiva para encamiñar o choque o antes posible e evitar máis desgaste do necesario. O encontro será este sábado ás 18:30 no Pavillón Municipal da Seca.
Nova xornada para as xogadoras do Goldie Xiria que esta semana viaxarán para enfrontarse ao Balonmán Lalín, complicada saída ante un equipo que gaña moito diante dos seus seareiros, por elo o Xiria deberá intensificar a súa defensa e intentar sorprender coa saída ao contraataque. Perderanse o encontro con respecto a semana pasada, Raquel Gómez por un golpe sufrido nun xeonllo e Lucía Vilariño. Na primeira volta en Carballo venceu sen complicacións o Goldie Xiria, pero o bo momento do Balonmán Lalín, porá difíciles as cousas as carballesas.
Toca de novo desprazarse na División de Honra. O sábado pola mañá no Multiusos da Xunqueira en Pontevedra os carballesa terán ante si a SD Teucro. Vital partido para o Laber Xiria ás 12:00, deberá conseguir os dous puntos ante os pontevedreses, inmediatos perseguidores dos de Xiria, se non queren ver como se complica o obxectivo das dúas primeiras prazas. ÁS 10:00 o Gruo Lemaco chegan moi motivados e sen dúbida sairán a pola vitoria, sabedores de que se gañan teñen opcións de recuperar a 3ª praza, a defensa e poder aproveitar a velocidade ao contragolpe son claves para para levarse o encontro. Tamén ás 12:00, mais na pista 2, o Garaysa Xiria terá un choque igualado, pero os carballeses moi motivados queren pechar canto antes o pase á seguinte fase. Deberán aflorar as virtudes de cada un dos seus compoñentes e que reluza a faceta defensiva do equipo para facer que o partido teña un elevado ritmo de xogo.

O domingo 14 tócalle a quenda ao Marmolería José Rey Xiria. Na terceira xornada da Copa Deputación, viaxan A Coruña, para enfrontarse ao Liceo. Dous puntos importantes en xogo, que marcan como obxectivo seguir invictos nesta competición o maior tempo posible. Seguen de baixa Brian, Javier e Daniel. O partido dispútase no Colexio Liceo á 13:00.

No CEIP Fogar xornada de Minibalonmán para Escolas Balonmán Xiria. Dende as 10:30 os máis pequenos do Club teñen unha importante cita para seguir a traballar na súa formación.

Máis sobre isto