Era a décimo quinta xornada da División De Honra en categoría xuvenil e enfrontábanse o Laber Xiria e o BM.Lalín, segundo e terceiro clasificado respectivamente e separados por tres puntos de diferenza. No envite, íalle moito máis aos dezáns, que podían perder o ronsel dos verdinegros case de forma definitiva e era unha oportunidad única para estes últimos, sabedores de que cinco puntos de diferenza a estas alturas, podían ser definitivos.
Foi un partido con dous partes claramente diferenciadas: a primeira, onde dominaron os locais e chegaron a mandar no electrónico ata por catro goles de diferenza e a segunda, onde os de Lalín tomaron o mando do xogo e foron superiores aos de Xiria, feito que lles daría os valiosos puntos en xogo.
Os dous conxuntos saíron ao terreo de xogo moi concentrados e mostrando as súas mellores armas, sabedores da importancia do envite. O Laber Xiria, dominaba o xogo e o marcador, aínda que con curtas vantaxes. Tiveron os de Carballo oportunidade para romper o partido cando mandaban por catro goles e irse cunha vantaxe moito máis cómoda ao descanso, pero os dezanos reaccionarían e aproveitarían para achegarse no marcador ao filo do descanso (19-18).
Na continuación, os visitantes saíron moito máis contundentes nas tarefas defensivas e complicaron moito a circulación de balón e os lanzamentos dos de Carballo. Un 1-5 de parcial aos dez minutos deste tempo, daba a dianteira aos do BM.Lalín e obrigaba ao adestrador local a soliocitar tempo morto. A partires de eiquí, a defensa dos bergantiñáns parecía que comezaba a funcionar mellor, aínda que no ataque as complicacións seguía sendo similares. Un 1-3 de parcial nos últimos instantes, deixaría a diferenza inalcanzable para os de Xiria, que a pesar da derrota manteñen a segunda praza, á espera de visitar ao lider a semana que ven, o Teucro de Pontevedra.
Laber Xiria: 29 (19+10). Dani Buño, Iván Campos (7), Gabriel Castiñeiras (2), Iván Calvo (2), Enrique Pena (5), Diego Gago (1), Manuel Rial (4)-Equipo inicial-Andrés Barca (1), Antonio Mato, Damián Rodríguez (2), Alex Figueroa, Jesús Manuel Torres, José Pereira, Borja González, Borja Rodríguez (2), Dani García (3).
BM.Lalín: Javi, Antonio (2), Jonathan (5), Román (10), Arón (7), Ramos (6), Pedro (2)-Equipo inicial-Iago, Uxío, Oscar, Xabier, José, Lucas (2), Blanco (1).
Resultado cada 5´: 3-2/7-6/10-9/14-12/17-15/19-18/Descanso/19–19/20-23/21-24/25-27/26-30/29-35/Final.
Árbitros: Elena Rivas e Abel Juncal. Non influíron no resultado final. Excluiron con dous minutos a Gabriel Castiñeiras, José Pereira (3) e Ivá Calvo polos locáis e a Antonio, Jonathan, Arón e Blanco polos visitantes.
Incidencias: Partido da 15ª xornada da División de Honra en categoría xuvenil masculino disputado no Carballo Calero de Carballo. Numerosa afluencia de público e grande animosidade nas bancadas por parte dos/as siareiros/as locáis.
Clasificación 15ª xornada:
Fotos do encontro: