O Grupo Lemaco Xiria, perdíu os dous puntos en xogo ante un BM.lalín que asinou a vitoria no último cuarto do encontro. Nun partido no que os ataques se impuxeron de forma moi clara ás defensas e as individualidades ao xogo colectivo, os dezáns levaron os puntos en litixio para situarse décimos na clasificación e deixar aos de Carballo quintos.
As defensas non funcionaron en ningún momento e Ramos no pivote, resultaba imparable para os verdinegros. A pesar de todo, os de Xiria mantíñanse por diante no electrónico xa que o seu acerto cara á portaría contraria era sobresainte. A vantaxe local, un 22-21 ao descanso, deixaba todo por decidir cara á continuación.
Mediada a segunda parte, parecía que o Grupo Lemaco facíase definitivamente co encontro (32-29) e que encarrilaba a recta final con serias posibilidades de vitoria, pero un 2-6 de parcial en 5´, daban unha vantaxe aos de Lalín que xa non abandonarían ata o asubío final.
A semana que vén, os cadetes de Xiria viaxarán a Pontevedra para enfrontarse a un díficil rival, o Teucro, situados xusto por encima deles a tan só un punto.
Grupo Lemaco Xiria: 40 (22+18). Manuel Souto, Fran Rey (6), Antón Traba (3), Andy Rey (4), Juan Carlos Rodríguez (18), Manuel Sánchez (1), Daniel Esmorís (1)-equipo inicial-Antonio Mato, Samuel Castiñeiras, Pablo Cambón, Carlos Vilanova (6), Andrés Vila (1), Roi Alfeirán, José Varela.
BM.Lalín: 44 (21+23). González, Pedro (7), Ramos (16), José (5), Brais (7), Roi (5), Mario (2)-equipo inicial-Alberte (2), Antón, David, Miguel, Simón.
Árbitros: Elena Rivas e Abel Juncal. Non influiron no resultado final. Excluiron con dous minutos a Carlos Vilanova (3), Juan Carlos Rodríguez e Fran Rey polos locais e Pedro, Brais polos visitantes.
Resultado cada 5´: 4-5/7-7/9-11/13-12/17-18/22-21/Descanso/26-26/29-28/32-29/34-35/37-39/40-44/.
Incidencias: Partido da 15ª xornada da liga de División De Honra en categoría cadete disputado no Carballo Calero ante unha centena de siareiros dos dous conxuntos.
Clasificación 15ª xornada:
Fotos do encontro: