O Laber Xiria xuvenil, estrea patrocinio con vitoria

O equipo xuvenil de Escolas balonmán Xiria, estreaba patrocinio (Corporación Laber) no encontro da novena xornada que lle enfrontaba  ao Seis Do Nadal. O partido foi malo por parte dos dous conxuntos, que amosaron un xogo infestado de erros, pouco combinativo e excesivamente trabado. Nos primeiros compases, os carballeses deixaban escapar unha e outra vez a oportunidade de afastarse no electrónico, ben polos fallos nos lanzamentos dende os seis metros, ou ben polas perdidas de balón na transición defensa-ataque. Este feito, foi continuo ao longo de todo o envite por parte dos dous equipos, convertendo o xogo en algo pouco vistoso para o espectador. Tan só nos últimos momentos do primeiro acto, cando os bergantiñáns conseguiron enlazar varias accións boas de contraataque, puideron irse cunha pequena vantaxe ao descanso (13-10).

A reanudación, si cabe, foi peor, como así o demostra o pobre parcial conseguido neste trinta minutos (6-8). Os erros e as imprecisións, sucedíanse por parte dos dous conxuntos, os faios de lanzamentos, os ataques espesos e a falta de circulación de balón repetía unha e outra vez situacións ao bordo do pasivo por parte de ambos conxuntos. A falta de balonmán no día de hoxe, os equipos afrontaban a última recta do encontro co o único argumento que quedaba, loitando con corazón por dous puntos importantes en canto á clasificación. O conxunto de Laber Xiria, tivo ata catro ocasións para rematar o partido a falta de 5´, catro situacións sós contra o porteiro que, tal e como fora a tónica dos 55 minutos anteriores, desperdiciaban. Esto provocaba maior desconcerto nos minutos finais, nos que, as paradas de Antonio Mato e os erros dos olívicos, facían posible que a vitoria por un gol dos verdibrancos.

A semana que ven, o Laber Xiria xogará de novo na casa, esta vez contra a SAR de Redondela, no seu intento de seguir de preto esa segunda praza que ten a tan só un punto de distancia.

Laber Xiria: 19 (13+6). Antonio Mato, Iván Calvo (5), Enrique Pena (2), Dani García (7), Diego Gago, Borja Rodríguez, Damián Rodríguez (2),-equipo inicial-Gabriel Castiñeiras, José Pereira (1), Manuel Rial (1), Borja González, Andrés Barca, Tito (1), Diego Morandeira.

Seis Do Nadal: 18 (10+8). Almeida, Domínguez (4), J.Rodríguez (3), Alonso (4), Costas (2), Gil (2), Leiras (1)-equipo inicial-Ayerdi, Cerqueira, Lorenzo, Muiña, Vigara, Martín (1), Millos (1), Alfaya, Iglesia.

Resultado cada 5´: 3-0, 4-2, 6-5, 9-8, 11-9, 13-10-Descanso-13-11, 14-13, 16-14, 18-16, 19-17, 19-18.

Árbitros: Alfredo Balado e A.Fernández.Non influiron no resultado final. Excluiron con dous minutos a Iván Calvo (2), Borja Rodríguez e José Pereira (2) polos locais.

Incidencias: Partido da novena xornada da División de Honra xuvenil disputado no Vila de Noia de Carballo ante a presenza de setenta espectadores.

Foto do equipo co  patrocinador e ca nova publicidade nas camisetas:

Foto Laber 2014-15

 

Clasificación 9º xornada:

JORNADA 9 JUVES