O Luceros superou ao Garaysa Xiria na 2ª xornada da Copa Federación

Garaysa Xiria – 25 (14+11): Miguel (1), Renzo, Sueiro, Diego Rodríguez, Diego Lema, Pedro (5), Manuel, Alex (9), Iago (2), Adrián (1), Julio, Iker (4), Franco (1), Xurxo e Brian (2).

Interatlantic Luceros – 30 (15+15): Eric, Diego (4), Rodrigo, Brais (5), Adrián, Iker (2), Jose (3), Javier (4), Pablo (6), Alex, Sergio (4) e Iago (2).

O Garaysa comezou moi ben o encontro, cunha gran actitude defensiva conseguían colocarse varios goles por riba nos primeiros minutos. Os de Cangas necesitaron dun tempo morto para buscar alternativas ante a presión defensiva do Xiria, e foilles ben, xa que en poucos minutos igualaban a contenda. Durante esta primeira metade o encontro mantiña a igualdade no marcador, pero o Garaysa foise ao descanso coas peores sensacións tras un gol no último segundo que supoñía a vantaxe para o Luceros (14-15).

Na segunda metade o Xiria estivo moi pouco atinado de cara a porta, elixindo malas situacións de lanzamento e errando en situacións claras. En defensa tampouco se recuperou en ningún momento a tensión inicial e o equipo non puido facer máis que recoñecer a vitoria dos do Morrazo.

Clasificación trala 2ª Xornada da Copa Federación:

COPA J2 - LUCEROS

 

 

 

Fotos do encontro:

IMG_49041 IMG_4908