Dous puntos e quinta praza para o Calvo Xiria

Retomouse a liga de 1ª Estatal logo do parón por mor da semana santa, e acadou dous novos puntos o Calvo Xiria para cumprir co seu obxectivo de loitar por cada un dos partidos até final de liga. E abofé que así o fixo, con moita seriedade dende o inicio por parte dos carballeses que a base de defensa, portería e contragolpes deixaron o partido sentenciado nos primeiros vinte minutos nos que se amosou moi superior no día de hoxe ao seu rival. Chegaba o tempo de lecer ca máxima diferenza a prol dos locais, once goles. O segundo tempo sobrou, e mentres os verdibrancos deixaron pasar os minutos sen ter sobresalto algún o Promens aproveitou para mellorar a imaxe dos primeiros trinta minutos e limar diferenzas para deixalas definitivamente en sete goles. Ao final dous puntos para os carballeses que tras a derrota da Sar soben un posto na táboa e ocupan o quinto lugar.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante 350 seareiros. Marcador cada cinco minutos: 4-2, 6-3, 8-3, 13-4, 16-7, 19-8 descanso, 21-11, 24-15, 25-19, 28-20, 29-21, 30-23. Colexiados: Sergio Rodríguez Estévez e Andrés Rosendo López do colexio galego. Exclusións: Calvo Xiria: Brais Puñal (30´), Javier Rodríguez (42´), Julián López (47´), Alberto Lema (54´), Promens Cañiza: Marcos Estévez (11), Rafael Fernández (28´), Rubén Fernández (33´), Alfonso Amoedo (33´), Adrián Freiria (49´).

CALVO XIRIA 30 (19+11): Martín Gómez [p], José Luis Fraga [p], Alejandro Naya [p], Sergio Facal (3), Brais Puñal (3), Martín Alfeirán (2), Javier Rodríguez (1), Manuel Méndez (3), Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete, Pablo Iglesias (4), Gonzalo Pombo (2), Iván Campos (3), Julián López (2), Carlos A. Lema (3), Mario García de Seárez (3).

BM PROMENS CAÑIZA 23 (8+15): Rubén Fernández [p], Marcos Carrera [p], Rafael Fernández, Daniel Mendes (5), Marcos Estévez (2), Rubén Teijeira, Aitor Freiria (4), Daniel Dacuña, Rodrigo Blas, Manuel Alonso (2), Andrés Piñeiro (3), Adrián Freiria (5), Alfonso Amoedo (2), Diego Álvarez.