Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Marmolería Jose Rey infantil vence pola mínima na visita ao Ferrolterra

O equipo infantil de 2ª división acadou unha vitoria moi sufrida fronte ao Bm. Ferrolterra cun gol dende os 7m no último suspiro. O encontro comezaba de cara para os…

O equipo infantil de 2ª división acadou unha vitoria moi sufrida fronte ao Bm. Ferrolterra cun gol dende os 7m no último suspiro.

O encontro comezaba de cara para os locais que aproveitaban os erros en ataque dos carballeses para colocar as primeiras vantaxes no electrónico. Os numerosos erros de lanzamento dos do Xiria impedían recortar esas diferenzas iniciais, que se mantiveron durante toda a primeira metade que remataba 13-10 a prol dos de Ferrol.

Na segunda parte o Xiria fixo un gran traballo en defensa, encaixando tan só 8 goles nestes 25 minutos, o que sen dúbida, resultou definitorio para darlle a volta ao partido. O traballo de Pedro na portería tamén sería clave na remontada. No último minuto unha gran defensa con empate no marcador impedía o tanto dos ferroláns, con 20 segundos para o final o Xiria tivo tempo de buscar unha boa situación de lanzamento que remataba en 7m claro por defensa interior, Diego asumía a responsabilidade e non faiaba, colocando o 21-22 final para ledicia da bancada e da afección do Xiria.

BM. FERROLTERRA – 21 (13+8): Alex, Christian (2), Esteban, Guillermo, Iago, Jonathan (2), Luca (4), Janeiro, Oscar (13), Pablo e Rubén.

MARMOLERÍA JOSE REY XIRIA – 22 (10+12): Manuel (1), Paulo (1), Dani, Aaron (6), Javier, Carlos (6), Pedro, Sueiro, Pablo (2) e Diego (6).

Clasificación trala 7ª xornada:

Clasificación M.J.Rey (J7 vs Ferrolterra)