O Grupo Lemaco Xiria comeza a Copa con vitoria sobre o Carballal
O Grupo Lemaco acadou unha traballada vitoria fronte ao Carballal de Vigo na primeira xornada de Copa, nun encontro que se mantivo moi igualado e que non se resolvería ata…

O Grupo Lemaco acadou unha traballada vitoria fronte ao Carballal de Vigo na primeira xornada de Copa, nun encontro que se mantivo moi igualado e que non se resolvería ata o último cuarto.
Os carballeses comezaron funcionando ben en ataque, cun xogo moi rápido que sorprendía aos defensas rivais. Sen embargo no eido defensivo o equipo non alcanzaba a intensidade necesaria para frear aos grandes primeiras liñas do Carballal, que aproveitaba as concesións dos locais para manterse no marcador durante toda a primeira metade.
O encontro chegaba ao descanso 14-14, unhas táboas que deixaban todo aberto para o segundo tempo.
Neste segundo acto o Xiria melloraba bastante en defensa e conseguía poñer en dificultades aos atacantes locais con maior mobilidade e axudas. A falta de 15 minutos os locais aproveitaban varias exclusións consecutivas do Carballal para acadar unha vantaxe no marcador que sería xa definitiva.
Nesta competición tan curta – (é a unha soa volta), comezar cunha vitoria resulta moi importante de cara o obxectivo do Grupo Lemaco de xogar a final de Copa.
GRUPO LEMACO XIRIA – 33 (14+19): Pablo (2), Jose (1), Tasende (4), Antón (2), Vila (5), Miguel (1), Mario, Renzo, Urbieta (3), Pedro (4), Pombo (1), Samuel, Manuel (1), Roi (3) e Fran (6).
A.D. CARBALLAL – 27 (14+13): Brais, Lucas (4), Óscar (4), Brais (5), Lois, Andre (3), Marc, Iago, Julio (2), Samuel e Guillermo (9).
Clasificación trala 1ª xornada:
Galería de fotos do encontro:
