O Marmolería Jose Rey Xiria de Infantil Territorial sucumbiu ante a superioridade física do Bm. Pontedeume.

O Marmolería Jose Rey Xiria de Infantil Territorial sucumbiu ante a superioridade física do Bm. Pontedeume.

Os infantís do Marmolería Jose Rey Xiria cederon no seu primeiro encontro lonxe de Carballo, contra o Bm. Pontedeume, un rival que os superaba en peso e que levou a batuta do partido durante os 50 minutos.

O encontro comezou con dominio dos locais que aproveitando a súa superioridade física impuxeron o seu ataque á defensa en presión dos carballeses. Sen embargo as sensacións eran boas e semellaba que axustando algún erro defensivo e afinando a puntería nos lanzamentos o Marmolería podería darlle a volta ao partido. Pero pese a que o intentou non puido ser, os xogadores carballeses, moitos deles en idade alevín, eran incapaces de atopar ocos entre a pechada defensa dos locais e cando o conseguían aí estaba o porteiro do Pontedeume, que foi un auténtico muro contra os lanzamentos do Xiria. O tempo íase consumindo e os locais seguían mandando no marcador.

 Ao remate 26-20 nun encontro que deixa un sabor agridoce, por unha parte o Xiria marchou coa sensación de haber podido gañar e por outra a satisfacción de haber mantido o tipo fronte a un rival moi superior fisicamente, deixando detalles moi bos por parte dos xogadores do Marmolería Jose Rey.

 

Clasificación 3ª Xornada

Clasificación
Clasificación

Clasificación